307
Temos corrido como o cervo, que ansía as fontes das augas30; con sede, rota a boca, con secura. Queremos beber nese ma-nancial de auga viva. Sen rarezas, ao longo do día movémonos nesa abundante e clara fervenza de frescas linfas que saltan ata a vida eterna31. Sobran as palabras, porque a lingua non se logra expresar; xa o entendemento se aquieta. Non se discorre, mírase! E a alma rompe outra vez a cantar con cantar novo, porque se sente e se sabe tamén mirada amorosamente por Deus, a todas horas.
Non me refiro a situacións extraordinarias. Son, poden moi ben ser, fenómenos ordinarios da nosa alma: unha loucura de amor que, sen espectáculo, sen extravagancias, ensínanos a sufrir e a vivir, porque Deus nos concede a Sabedoría. Que se-renidade, que paz daquela, metidos na senda estreita que conduce á vida!32.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/307/ (14-12-2025)