308

Ascética? Mística? Non me preocupa. Sexa como for, ascética ou mística, que importa?: é mercé de Deus. Se ti procuras meditar, o Señor non che negará a súa asistencia. Fe e feitos de fe: feitos, porque o Señor —comprobáchelo desde o principio, e subliñeicho ao seu tempo— é cada día máis esixente. Iso é xa contemplación e é unión; esta ha ser a vida de moitos cristiáns, cadaquén indo cara adiante pola súa propia vía espiritual —son infinitas—, en medio dos afáns do mundo, aínda que nin sequera caesen na conta.

Unha oración e unha conduta que non nos arredan das nosas actividades ordinarias, que no medio dese afán nobremente terreo nos conducen ao Señor. Ao elevar todo ese quefa-cer a Deus, a criatura diviniza o mundo. Falei tantas veces do mito do rei Midas, que convertía en ouro canto tocaba! En ouro de méritos sobrenaturais podemos converter todo o que tocamos, malia aos nosos persoais erros.

Este punto noutro idioma