31
Pero, preguntarédesme, cando acadamos o que amamos con toda a alma xa non seguiremos buscando: desapareceu a liberdade? Asegúrovos que entón é máis operativa ca nunca, porque o amor non se contenta cun cumprimento rutineiro nin se compaxina co fastío ou coa apatía. Amar significa recomezar cada día a servir, con obras de cariño.
Insisto, querería gravalo a fogo en cada un: a liberdade e a entrega non se contradín; sostéñense mutuamente. A liberdade só pode entregarse por amor; outra clase de desprendemento non a concibo. Non é un xogo de palabras, máis ou menos acertado. Na entrega voluntaria, en cada instante desa dedicación, a liberdade renova o amor, e renovarse é ser continuamente mozo, xeneroso, capaz de grandes ideais e de grandes sacrificios. Recordo que me levei unha grande alegría cando souben que en portugués chaman aos mozos os novos. E iso son. Cóntovos esta anécdota, porque cumprín xa bastantes anos, mais ao rezar ao pé do altar ao Deus que enche de lediciaa miña xuventude28, síntome moi mozo e sei que nunca chegarei a considerarme vello; porque, se permanezo fiel ao meu Deus, o Amor vivificarame continua-mente: renovarase, como a da aguia, a miña xuventude29.
Por amor á liberdade, atámonos. Unicamente a soberbia atribúe a esas ataduras o peso dunha cadea. A verdadeira humildade, que nos aprende Aquel que é manso e humilde de corazón, móstranos que o seu xugo e suave e a súa carga lixeira30: o xugo é a liberdade, o xugo é o amor, o xugo é a unidade, o xugo é a vida, que El nos gañou na Cruz.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/31/ (14-12-2025)