310

Oración viva

310 Alzareime e rodearei a cidade: polas rúas e as prazas buscarei ao que amo...34. E non só a cidade: correrei dunha parte á outra do mundo –por todas as nacións, por todas as vilas, por sendas e trochas– para acadar a paz da miña alma. E descúbroa nas ocupacións cotiás, que non me son atranco; que son —pola contra— verea e motivo para amar máis e máis, e máis e máis unirme a Deus.

E cando nos asexa —violenta— a tentación do desánimo, dos contrastes, da loita, da tribulación, dunha nova noite na alma, ponnos o salmista nos beizos e na intelixencia aquelas palabras: con El estou no tempo da adversidade35. Que vale, Xesús, ante a túa Cruz, a miña; ante as túas feridas as miñas rabuñaduras? Que vale, ante o teu Amor inmenso, puro e infinito, esta pobriña pesadume que Ti cargaches ás miñas costas? E os vosos corazóns, e o meu, énchense dunha santa avidez, confesándolle —con obras— que morremos de Amor36.

Nace unha sede de Deus, unha ansia de comprender ás súas bágoas; de ver o seu sorriso, o seu rostro... Considero que o mellor xeito de expresalo é volver a repetir, coa Escritura: como o cervo desexa a fonte das augas, así anhélate a miña alma, oh meu Deus! 37. E a alma avanza metida en Deus, endeusada: fíxose o cristián viaxeiro sedento, que abre a súa boca ás augas da fonte38.

Notas
34

Cant III, 2.

35

Ps XC, 15.

36

Cfr. Cant V, 8.

37

Ps XLI, 2.

38

Cfr. Ecclo XXVI, 15.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma