314
Remata o traxecto ao atopar a aldea, e aqueles dous que —sen se decatar— foron feridos no fondo do corazón pola palabra e o amor de Deus feito Home, senten que marche. Porque Xesús os saúda con ademán de seguir adiante43. Non se impón nunca, este Señor Noso. Quere que o chamemos libremente, desde que albiscamos a pureza do Amor, que nos meteu na alma. Temos que o deter pola forza e rogarlle: continúa connosco, porque é tarde, e xa vai o día de devalo44, faise noite.
Así somos: sempre pouco atrevidos, quizais por insinceridade, ou quizais por pudor. No fondo, matinamos: queda connosco, porque nos arrodean na alma as tebras, e só Ti es luz, só Ti podes calmar esta ansia que nos consome. Porque «entre as cousas fermosas, honestas, non ignoramos cal é a primeira: posuír sempre a Deus»45.
E Xesús queda. Ábrense os nosos ollos como os de Cleofás e o seu compañeiro, cando Cristo parte o pan; e aínda que El volva desaparecer da nosa vista, seremos tamén quen de emprender de novo a marcha —anoitece—, para falarlles os demais del, porque tanta ledicia non cabe nun só peito.
Camiño de Emaús. Noso Deus encheu de dozura este nome. E Emaús é o mundo enteiro, porque o Señor abriu os camiños divinos da terra.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/314/ (14-12-2025)