315
Cos Santos Anxos
Pídolle ao Señor que, durante a nosa permanencia neste chan de aquí, non nos arredemos nunca do camiñante divino. Para isto, aumentemos tamén a nosa amizade cos Santos Anxos Custodios. Todos necesitamos moita compañía: compañía do Ceo e da terra. Sede devotos dos Santos Anxos! É moi humana a amizade, pero tamén é moi divina; como a nosa vida, que é divina e humana. Lembrádesvos do que di o Señor?: xa non vos chamo servos, senón amigos46. Ensínanos a ter confianza cos amigos de Deus, que moran xa no Ceo, e coas criaturas que conviven connosco, tamén coas que parecen afastadas do Señor, para atraelas ao bo sendeiro.
Rematarei repetindo con san Paulo aos Colosenses: non cesamos de orar por vós e de pedir a Deus que acadedes pleno coñecemento da súa vontade, con toda sabedoría e intelixencia espiritual47. Sabedoría que proporciona a oración, a contemplación, a efusión do Paráclito na alma.
Co fin de que sigades unha conduta digna de Deus, agradándoo en todo, producindo froitos de toda especie de obras boas e adiantando na ciencia de Deus; corroborados en toda sorte de fortaleza polo poder da súa graza, para ter sempre unha perfecta paciencia e longanimidade acompañada de ledicia; dando grazas a Deus Pai, que nos fixo dignos de participar da sorte dos santos, alumeándonos coa súa luz; que nos arrebatou do poder das tebras, e trasladounos ao reino do seu Fillo moi amado48.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/315/ (14-12-2025)