316

Que a Nai de Deus e Nai nosa nos protexa, co fin de que cada un de nós poida servir á Igrexa na plenitude da fe, cos dons do Espírito Santo e coa vida contemplativa. Cadaquén realizando os deberes persoais, que lle son propios; cadaquén no seu oficio e profesión, e no cumprimento das obrigas do seu estado, honre gozosamente ao Señor.

Amade á Igrexa, servídea coa ledicia consciente de quen se soubo decidir a ese servizo por Amor. E se vísemos que algúns andan sen esperanza, coma os dous de Emaús, acheguémonos con fe —non en nome propio, senón en nome de Cristo—, para asegurarlles que a promesa de Xesús non pode fallar, que El vela pola súa Esposa sempre: que non a abandona. Que pasarán as tebras, porque somos fillos da luz49 e estamos chamados a unha vida perdurable.

E Deus enxugará dos seus ollos todas as bagoas, non haberá xa morte, nin pranto nin alarido; non haberá máis dor, porque as cousas de antes son pasadas. E dixo o que estaba sentado no solio: velaquí que renovo todo. E indicoume: escribe, porque todas estas palabras son dignísimas de fe, e verdadeiras. E engadiu: isto é un feito. Eu son o Alfa e o Omega, o principio e a fin. Ao sedento, dareille de beber graciosamente da fonte da auga da vida. O que venza posuirá todas estas cousas, e eu serei o seu Deus e el será o meu fillo50.

Notas
49

Cfr. Eph V, 8.

50

Apoc XXI, 4-7.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma