32
A liberdade das conciencias
Cando, durante os meus anos de sacerdocio, non direi que predico, senón que berro o meu amor á liberdade, noto nalgúns un xesto de desconfianza, como se sospeitasen que a defensa da liberdade entraña un perigo para a fe. Que se tranquilicen eses pusilánimes. Exclusivamente atenta contra a fe unha equivocada interpretación da liberdade, unha liberdade sen finalidade ningunha, sen norma obxectiva, sen lei, sen responsabilidade. Nunha palabra: a libertinaxe. Desgraciadamente, é iso o que algúns propugnan; esta reivindicación si que constitúe un atentado á fe.
Por iso non é exacto falar de liberdade de conciencia, que equivale a valorar como de boa categoría moral que o home rexeite a Deus. Xa temos recordado que nos podemos opoñer aos designios salvadores do Señor; podemos, pero non o debemos facer. E se alguén tomase esa postura deliberadamente, pecaría ao transgredir o primeiro e fundamental entre os mandamentos: amarás a Iavé, con todo o teu corazón31.
Eu defendo con todas as miñas forzas a liberdade das conciencias32, que denota que a ninguén lle é lícito impedir que a criatura lle tribute culto a Deus. Hai que respectar as lexítimas ansias de verdade: o home ten obrigación grave de buscar ao Señor, de coñecelo e de adoralo, pero ninguén na terra se debe permitir impoñer ao próximo a práctica dunha fe da que carece; o mesmo que ninguén se pode arrogar o dereito de facer dano ao que a recibiu de Deus.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/32/ (14-12-2025)