33
A Nosa Santa Nai a Igrexa pronunciouse sempre pola liberdade, e rexeitou todos os fatalismos, antigos e menos antigos. Sinalou que cada alma é dona do seu destino, para ben e para mal: e aos que non se apartaron do ben irán á vida eterna; os quecometeron o mal ao lume eterno33. Sempre nos impresiona esta tremenda capacidade túa e miña, de todos, que revela á vez o signo da nosa nobreza. «Ata tal punto o pecado é un mal voluntario, que de ningún xeito sería pecado se non tivese o seu principio na vontade: esta afirmación goza de tal evidencia que están de acordo os poucos sabios e os moitos ignorantes que habitan no mundo»34.
Volvo levantar o meu corazón en acción de grazas ao meu Deus, ao meu Señor, porque nada lle impedía ternos creado impecables, cun impulso irresistible cara ao ben, pero «xulgou que serían mellores os seus servidores se libremente o servían»35. Que grande é o amor, a misericordia do noso Pai! Fronte a estas realidades das súas loucuras divinas polos fillos, querería ter mil bocas, mil corazóns, máis, que me permitisen vivir nunha continua loanza a Deus Pai, a Deus Fillo, a Deus Espírito Santo. Pensade que o Todopoderoso, o que coa súa Providencia goberna o Universo, non desexa servos forzados, prefire fillos libres. Meteu na alma de cada un de nós —malia que nacemos proni ad peccatum, inclinados ao pecado, pola caída da primeira parella— unha chispa da súa intelixencia in finita, a atracción polo bo, unha ansia de paz perdurable. E lévanos a comprender que a verdade, a felicidade e a liberdade se conseguen cando procuramos que agrome en nós esa semente de vida eterna.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/33/ (14-12-2025)