35

Escravitude por escravitude —se, de todos os xeitos, temos que servir, pois, admitíndoo ou non, esta é a condición hu-mana—, nada hai mellor que saberse, por Amor, escravo de Deus. Porque nese momento perdemos a situación de escravos, para convertérmonos en amigos, en fillos. E aquí maniféstase a diferenza: afrontamos as honestas ocupacións do mundo coa mesma paixón, co mesmo afán que os demais, pero con paz no fondo da alma; con alegría e serenidade, tamén nas contradicións: non depositamos a nosa confianza no que pasa senón no que permanece para sempre, non somos fillos da escrava, senón da libre37.

De onde nos vén esta liberdade? De Cristo, Noso Señor. Esta é a liberdade coa que El nos redimiu38. Por iso ensina: se o Fillo vos alcanza a liberdade, seredesverdadeiramente libres39. Os cristiáns non temos que pedir prestado a ninguén o verdadeiro sentido deste don, porque a única liberdade que salva ao home é a cristiá.

Gústame falar da aventura da liberdade, porque así se desenvolve a vosa vida e a miña. Libremente —como fillos, non como escravos— seguimos o vieiro que o Señor sinalou para cada un de nós. Saboreamos esta soltura de movementos como un agasallo de Deus.

Libremente, sen coacción ningunha, porque me peta, decídome por Deus. E comprométome a servir, a converter a miña existencia nunha entrega aos demais, por amor ao meu Señor Xesús. Esta liberdade anímame a clamar que nada, na terra, me separará da caridade de Cristo40.

Notas
37

Gal IV, 31.

38

Cfr. Gal IV, 31.

39

Ioh VIII, 36.

40

Cfr. Rom VIII, 39.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma