40

Abramos o Evanxeo de san Mateu, no capítulo vinte e cinco: o reino dos ceos será semellante a dez virxes que, tomando as súas lámpadas, saíron recibir ao esposo e aesposa. Desas virxes cinco eran parvas e cinco prudentes2. O evanxelista conta que as prudentes aproveitaron o tempo. Discretamente fornecéronse do aceite necesario e están prestas, cando as avisan: bule, que é hora!, mirade que vén o esposo, saídelle ao encontro3: avivan as lámpadas e acoden con gozo a recibilo.

Chegará aquel día, que será o derradeiro e que non nos causa medo: confiando firmemente na graza de Deus, estamos dispostos desde este momento, con xenerosidade, con afouteza, con amor nos detalles, a acudir a esa cita co Señor levando as lámpadas acesas. Porque nos agarda a grande festa do Ceo. «Somos nós, irmáns queridísimos, os que intervimos nas vodas do Verbo. Nós, que temos xa fe na Igrexa, que nos alimentamos coa Sagrada Escritura, que gozamos porque a Igrexa está unida a Deus. Pensade agora, rógovos, se viñestes a estas vodas co traxe nupcial: examinade atentamente os vosos pensamentos»4. Eu asegúrovos a vós —e asegúrome a min mesmo— que este traxe de vodas está tecido co amor de Deus, que teremos sabido recoller ata nas máis pequenas tarefas. Porque é de namorados coidar os detalles, incluso nas accións aparentemente sen importancia.

Notas
2

Mt XXV, 1-2.

3

Mt XXV, 6.

4

San Gregorio Magno, Homiliae in Evangelia, 38, 11 (PL 76, 1289).

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma