41

Pero sigamos o fío da parábola. E as parvas, que fan? A par-tir de entón, xa dedican o seu empeño en dispoñerse a esperar ao Esposo: van mercar o aceite. Mais decidíronse tarde e, mentres ían, veu o esposo e as que estaban preparadas entraron con el ás vodas, e pechouse a porta. Ao cabo chegarontamén as outras virxes, clamando: Señor, Señor, ábrenos! 5. Non é que estiveran inactivas: intentaron algo... Pero escoitaron a voz que lles responde con dureza: non vos coñezo6. Non souberon ou non se quixeron preparar coa solicitude debida, e esquecéronse de tomar a razoable precaución de adquirir ao seu tempo o aceite. Faltoulles xenerosidade para cumprir rematadamente o pouco que tiñan encomendado. Quedaban en efecto moitas horas, pero desaproveitáronas.

Pensemos con valentía na nosa vida. Por que non encontramos ás veces eses minutos, para rematar amorosamente o traballo que nos atinxe e que é o medio da nosa santificación? Por que descoidamos as obrigas familiares? Por que se mete a precipitación no momento de rezar, de asistir ao Santo Sacrificio da Misa? Por que nos faltan a serenidade e a calma, para cumprir os deberes do propio estado, e entretémonos sen ningunha présa en ir detrás dos caprichos persoais? Podédesme responder: son pequeneces. Si, verdadeiramente: pero esas pequeneces son o aceite, o noso aceite, que mantén viva a chama e acesa a luz.

Notas
5

Mt XXV, 10-11.

6

Mt XXV, 12.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma