42

Desde a primeira hora

42 O reino dos ceos parécese a un pai de familia, que ó raiar o día saíu contratar xornaleiros para a súa viña7. Xa coñecedes o relato: aquel home volve en diferentes ocasións á praza para contratar traballadores: uns foron chamados ao comezar a aurora; outros, moi preto da noite.

Todos reciben un denario: «o salario que che prometera, é dicir, a miña imaxe e semellanza. No denario está incisa a ima-xe do Rei»8. Esta é a misericordia de Deus, que chama a cada un de acordo coas súas circunstancias persoais, porque quere que todos os homes se salven9. Pero nós nacemos cristiáns, fomos educados na fe, recibimos, moi clara, a elección do Señor. Esta é a realidade. Logo, cando vos sentides invitados a corresponder, aínda que sexa á última hora, podedes continuar na praza pública, tomando o sol como moitos daqueles obreiros, porque lles sobraba o tempo?

Non nos debe sobrar o tempo nin un segundo: e non esaxero. Traballo hai; o mundo é grande e son millóns as almas que aínda non escoitaron con claridade a doutrina de Cristo. Diríxome a cada un de vós. Se che sobra tempo, recapacita un pouco: é moi posible que vivas metido na morneza; ou que, sobrenaturalmente falando, sexas un tolleito. Non te moves, estás parado, estéril, sen desenvolver todo o ben que deberías comunicar aos que se atopan ao teu carón, no teu ambiente, no teu traballo, na túa familia.

Notas
7

Mt XX, 1.

8

San Xerome, Commentariorum in Matthaeum libri, 3, 20 (PL 26, 147).

9

1 Tim II, 4.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma