43
Dirasme, quizais: e por que me habería de esforzar? Non che contesto eu, senón san Paulo: o amor de Cristo úrxenos10. Todo o espazo dunha existencia é pouco, para ensanchar as fronteiras da túa caridade. Desde os primeiros comezos do Opus Dei manifestei o meu grande empeño en repetir sen descanso, para as almas xenerosas que se decidan a traducilo en obras, aquel berro de Cristo: nisto coñecerán todos que sodesos meus discípulos, se vos amades os uns aos outros11. Coñecerannos precisamente por iso, porque a caridade é o punto de arrinque de calquera actividade dun cristián.
El, que é a mesma pureza, non asegura que o coñecerán os seus discípulos pola limpeza da súa vida. El, que é a sobriedade, que nin sequera dispón dunha pedra onde reclinar a súa cabeza12, que pasou tantos días en xaxún e retiro13, non manifesta aos Apóstolos: coñecéranvos como os meus escollidos porque non sodes nin comedores nin bebedores.
A vida limpa de Xesús era —como foi e será en todas as épocas— unha labazada para aquela sociedade de entón, como agora con frecuencia tan podrecida. A súa sobriedade, outro látego para os que estaban de banquete continuo, provocando o vómito despois de comer para poder seguir comendo, cumprindo á letra as palabras de Saulo: converten o seu ventre nun deus14.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/43/ (14-12-2025)