44
A humildade do Señor era outro golpe, para aquel xeito de consumir a vida ocupados só de si mesmos. Estando en Roma, comentei repetidas veces, e quizais mo tedes oído dicir, que por baixo deses arcos, hoxe ruínas, desfilaban triunfadores, fachendosos, xactanciosos, cheos de soberbia, os emperadores e os xenerais vencedores. E, ao atravesar eses monumentos, quizais baixaban a cabeza por temor a golpear o arco grandioso coa maxestade das súas frontes. Non obstante, Cristo, humilde, non precisa tampouco: coñecerán que sodes os meus discípulos en que sodes humildes e modestos.
Querería facervos notar que, despois de vinte séculos, aínda aparece con toda a forza da novidade o Mandato do Mestre, que é como a carta de presentación do verdadeiro fillo de Deus. Ao longo da miña vida sacerdotal, prediquei con moitísima frecuencia que, desgraciadamente para tantos, segue sendo novo, porque nunca ou case nunca se esforzaron en practicalo: é triste, pero é así. E está moi claro que a afirmación do Mesías resalta de modo terminante: nisto vos coñeceran, en que vos amedes os uns aos outros! Por iso, sinto a necesidade de lembrar constantemente esas palabras do Señor. San Paulo engade: levade uns as cargas dos outros, e asícumpriredes a lei de Cristo15. Momentos perdidos, quizais coa falsa escusa de que che sobra tempo... Se hai tantos irmáns, amigos teus, sobrecargados de traballo! Con delicadeza, con cortesía, cun sorriso nos beizos, axúdalles de tal xeito que resulte case imposible que se decaten; e que nin se poidan mostrar agradecidos, porque a discreta fineza da túa caridade fixo que pasara inadvertida.
Non lles quedara un instante libre, argumentarían aquelas pobres, que van coas lámpadas valeiras. Sóbralles a maior parte do día aos obreiros da praza, porque non se senten obrigados a prestar servizo, aínda que a procura do Señor é continua, é urxente, desde a primeira hora. Aceptémola, respondendo que si: e aguantemos por amor —que non é aguantar— o peso do día e da calor16.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/44/ (14-12-2025)