45

Render para Deus

Consideremos agora a parábola daquel home que, indo a afastadas terras, convocouaos seus criados e entregoulles os seus bens17. A cada quen confíalle unha cantidade distinta, para que a administre na súa ausencia. Paréceme moi oportuno fixármonos na conduta do que aceptou un talento: portouse dun xeito que na miña terra se chama picardía. Pensa, discorre con aquel celebro de pouca altura e decide: foi e fixo un burato na terra e agochou o diñeiro do seu señor18.

Que ocupación escollerá despois este home, se abandonou o seu instrumento de traballo? Decidiu irresponsablemente optar pola comodidade de devolver só o que lle entregaron. Dedicarase a matar os minutos, as horas, as xornadas, os meses, os anos, a vida! Os demais afánanse, negocian, preocúpanse nobremente por restituír máis do que recibiron: o lexítimo froito, porque a recomendación foi moi concreta: negotiamini dum venio19; encargádevos deste labor para obterdes ganancia, ata que o dono volva. Este non; este inutiliza a súa existencia.

Notas
17

Mt XXV, 14.

18

Mt XXV, 18.

19

Lc XIX, 13.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma