46

Que magoa vivir, practicando como ocupación a de matar o tempo, que é un tesouro de Deus! Non caben as escusas, para xustificar esta actuación. «Ninguén diga: dispoño só dun ta-lento, non podo lograr nada. Tamén cun só talento podes obrar de xeito meritorio»20. Que tristura non sacar partido, auténtico rendemento a todas as facultades, poucas ou moitas, que Deus concede ao home para que se dedique a servir ás almas e á sociedade!

Cando o cristián mata o seu tempo na terra, colócase en perigo de matar o seuCeo: cando por egoísmo se retrae, se esconde, se despreocupa. O que ama a Deus, non só entrega o que ten, o que é, ao servizo de Cristo: dáse a si mesmo. Non mira —con ollada rastreira— o seu eu na saúde, no nome, na carreira.

Notas
20

San Xoán Crisóstomo, In Matthaeum homiliae, 78, 3 (PG 58, 714).

Este punto noutro idioma