47
47 Meu, meu, meu..., pensan, din e fan moitos. Que cousa máis molesta! Comenta san Xerome que «verdadeiramente, o que está escrito: para buscar escusas aos pecados (Ps CXL, 4), realizase nesta xente que, ao pecado de soberbia, engade a preguiza e a neglixencia»21.
É a soberbia a que conxuga continuamente ese meu, meu, meu... Un vicio que converte o home en criatura estéril, que anula as ansias de traballar por Deus, que o leva a desaproveitar o tempo. Non perdas a túa eficacia, aniquila en cambio o teu egoísmo. A túa vida para ti? A túa vida para Deus, para o ben de todos os homes, por amor ao Señor. Desenterra ese talento! Faino produtivo: e saborearás a alegría de que, neste negocio sobrenatural, non importa que o resultado non sexa na terra unha marabilla que os homes poidan admirar. O esencial é entregar todo o que somos e posuímos, procurar que o talento renda, e continuamente empeñármonos en producir bo froito.
Deus concédenos quizais un ano máis para servilo. Non penses en cinco, nin en dous. Fíxate só neste: nun, no que temos comezado: a entregalo, a non o soterrar! Esta ha ser a nosa determinación.
San Xerome, Commentariorum in Matthaeum libri, 4, 25 (PL 26, 195).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/47/ (14-12-2025)