48
Ao pé da viña
Érase un pai de familias, que plantou unha viña, e cercouna cun valo, e cavando, fixo alí un lagar, edificou un caseto, arrendouna despois a certos labregos, e marchou a un país de lonxe22.
Querería que meditásemos as ensinanzas desta parábola, desde o punto de vista que nos interesa agora. A tradición viu, neste relato, unha imaxe do destino do pobo elixido por Deus; e sinalounos principalmente como, a tanto amor por parte do Señor, os homes correspondemos con infidelidade, con falta de agradecemento.
Concretamente pretendo determe neste marchou a un país de lonxe. Deseguida chego á conclusión de que os cristiáns non debemos abandonar esta viña, na que nos meteu o Señor. Temos que empregar as nosas forzas nese labor, dentro da cerca, traballando no lagar e, acabada a faena diaria, descansando no caseto. Se nos deixásemos arrastrar pola comodidade, sería como contestar a Cristo: ei!, que os meus anos son para min, non para Ti. Non desexo decidirme a coidar da túa viña.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/48/ (14-12-2025)