5
Vida interior: é unha esixencia da chamada que o Mestre puxo na alma de todos. Temos que ser santos —diréivolo cunha frase castiza da miña terra— sen que falte unpelo: cristiáns de verdade, auténticos, canonizables; e se non, fracasaremos como discípulos do único Mestre. Tede en conta ademais que Deus, ao fixarse en nós, ao concedernos a súa graza para que loitemos por acadar a santidade no medio do mundo, im ponnos tamén a obriga do apostolado. Comprendede que, ata humanamente, como comenta un Padre da Igrexa, a preocupación polas almas agroma como unha consecuencia lóxica desa elección: «Cando descubrides que algo vos foi de pro-veito, procurades atraer aos demais. Tedes, pois, que desexar que outros vos acompañen polos camiños do Señor. Se ides ao foro ou aos baños, e atopades alguén desocupado, convidádeo a que vos acompañe. Aplicade ao espiritual este costume terreo e, cando vaiades a Deus, non o fagades sós»9.
Se non queremos malgastar o tempo inutilmente —tampouco coas falsas escusas das dificultades exteriores do ambiente, que nunca faltaron desde os comezos do cristianismo—, teremos moi presente que Xesucristo vinculou, de xeito ordinario, a vida interior á eficacia da nosa acción para arrastrar aos que temos ao noso redor. Cristo puxo como condición, para o influxo da actividade apostólica, a santidade; corríxome, o esforzo da nosa fidelidade, porque santos na terra non o seremos nunca. Parece incrible pero Deus e os homes necesitan, pola nosa banda, unha fidelidade sen paliativos, sen eufemismos, que chegue ata as súas últimas consecuencias, sen mediocridades nin componendas, en plenitude de vocación cristiá asumida e practicada con esmero.
San Gregorio Magno. Homiliae in Evangelia, 6, 6 (PL 76, 1098).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/5/ (14-12-2025)