50
A figueira estéril
Tamén é san Mateu o que nos conta que Xesús viña de Betania con fame24. A min conmóveme sempre Cristo, e particularmente cando vexo que é Home verdadeiro, perfecto, sendo tamén perfecto Deus, para ensinarnos a aproveitar ata a nosa indixencia e as nosas naturais debilidades persoais, co fin de ofrecernos enteiramente —tal como somos— ao Pai, que acepta gustoso ese holocausto.
Tiña fame. O Facedor do universo, o Señor de todas as cousa padece fame! Señor, agradézoche que —por inspiración divina— o escritor sagrado deixara ese rastro nesta pasaxe, cun detalle que me obriga a amarte máis, que me anima a desexar vivamente a contemplación da túa Humanidade Santísima! Perfectus Deus, perfectushomo25, perfecto Deus, e perfecto Home de carne e óso, coma ti, coma min.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/50/ (14-12-2025)