51

Xesús traballara moito a véspera e, ao emprender o camiño, sentiu fame. Movido por esta necesidade vai cara aquela figueira, que alá ao lonxe, presenta unha follaxe espléndida. Relá-tanos san Marcos que non era tempo de figos26; pero o Noso Señor achégase a tomalos, sabendo moi ben que nesa estación non os atoparía. Non obstante, ao comprobar a esterilidade da árbore con aquela aparencia de fecundidade, con aquela abundancia de follas, ordena: nunca xamais coma xa ninguén froito de ti27.

É forte, abofé! Nunca xamais naza de ti froito! Como se quedarían os seus discípulos, máis se consideraban que falaba a Sabedoría de Deus! Xesús maldí esta árbore, porque atopou só aparencia de fecundidade, follaxe. Así aprendemos que non hai escusa para a ineficacia. Quizais din: non teño coñecementos suficientes... Non hai escusa! Ou afirman: é que a enfermidade, é que o meu talento non é grande, é que non sonfavorables as condicións, é que o ambiente... Non valen tampouco esas escusas! Ai do que se adobía coa follada dun falso apostolado, do que ostenta a frondosidade dunha aparente vida fecunda, sen intentos sinxelos de acadar froito! Parece que aproveita o tempo, que se move, que organiza, que inventa un novo xeito de resolvelo todo... Pero é improdutivo. Ninguén se alimentará coas súas obras sen zume sobrenatural.

Pidamos ao Señor que sexamos almas dispostas a traballar cun heroísmo feraz. Porque non faltan na terra moitos, nos que, cando se achegan as criaturas, descobren só follas: grandes, relucentes, lustrosas. Só follaxe, exclusivamente iso, e nada máis. E as almas mírannos coa esperanza de saciar a súa fame, que é fame de Deus. Non é posible esquecer que contamos con todos os medios: coa doutrina suficiente e coa graza do Señor, a pesar das nosas miserias.

Notas
26

Mc XI, 13.

27

Mc XI, 14.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma