52

Recórdovos de novo que nos queda pouco tempo: tempus breve est28, porque é breve a vida sobre a terra, e que, tendo aqueles medios, non necesitamos máis que boa vontade para aproveitar as ocasións que Deus nos concedeu. Desde que Noso Señor veu a este mundo, iniciouse a era favorable, o día da salvación29, para nós e para todos. Que Noso Pai Deus non deba dirixirnos o reproche que xa manifestou por boca de Xeremías: no ceo, a cegoña coñece a súa estación; a rula, a andoriña e a grúa coñecen os prazos das súas migracións: pero o meu pobo ignora voluntariamente os xuízos de Iavé 30.

Non existen datas malas e inoportunas: todos os días son bos para servir a Deus. Só xorden as malas xornadas cando o home as malogra coa súa ausencia de fe, coa súa preguiza, coa súa desidia, que o inclina a non traballar con Deus, por Deus. Loarei oSeñor, en calquera ocasión31. O tempo é un tesouro que se vai, que se escapa, que discorre polas nosas mans como a auga polos altos penedos. Onte pasou, e o hoxe está pasando. Mañá será pronto outro onte. A duración dunha vida é moi curta. Pero, canto pode realizarse neste pequeno espazo, por amor de Deus!

Non nos servirá ningunha desculpa. O Señor prodigouse con nós: instruíunos pacientemente; explicounos os seus preceptos con parábolas, e insistiunos sen descanso. Como a Filipe, pode preguntarnos: hai anos que estou convosco, e aínda non mecoñecestes? 32.. Chegou o momento de traballar de verdade, de ocupar todos os instantes da xornada, de soportar —gustosamente e con alegría— o peso do día e da calor33.

Notas
28

1 Cor VII, 29.

29

2 Cor VI, 2.

30

Ier VIII, 7.

31

Ps XXXIII, 2.

32

Ioh XIV, 9.

33

Mt XX, 12.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma