53
Nas cousas do Pai
Penso que nos axudará a rematar mellor estas reflexións unha pasaxe do Evanxeo de san Lucas, no capítulo segundo. Cristo é un neno. Que dor a da súa Nai e a de san Xosé, porque —de volta de Xerusalén— non viña entre os parentes e amigos! Que ledicia a súa cando o distinguen, xa de lonxe, adoutrinando aos mestres de Israel! Pero mirade as palabras duras en aparencia, que saen da boca do Fillo, ao contestar á súa Nai: por que me buscabades?34.
Non era razoable que o buscasen? As almas que saben o que é perder a Cristo e atopalo, poden entender isto... Por que me buscabades? Non sabiades que eu debo empregarme nas cousas que miran ao servizo do meu Pai?35. Acaso non sabiades que debo dedicar totalmente o meu tempo ao meu Pai celestial?
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/53/ (14-12-2025)