54

Este é o froito da oración de hoxe: que nos persuadamos de que o noso camiñar na terra —en todas as circunstancias e en todas as tempadas— é para Deus, de que é un tesouro de gloria, un arremedo celestial; de que é, nas nosas mans, unha marabilla que temos que administrar, con sentido de responsabilidade e de cara aos homes e a Deus: sen que sexa necesario cambiar de estado, no medio da rúa, santificando a propia profesión ou oficio e a vida do fogar, as relacións sociais, toda a actividade que parece só terreal.

Cando tiña vinte e seis anos e percibín en toda a súa fondura o compromiso de servir o Señor no Opus Dei, pedinlle con toda a miña alma oitenta anos de gravidade. Pedíalle máis anos ao meu Deus —con inxenuidade de principiante, infantil— para saber utilizar o tempo, para aprender a aproveitar cada minuto, no seu servizo. O Señor sabe conceder esas riquezas. Quizais ti e mais eu chegaremos a poder dicir: entendín máiscós anciáns, porque cumprín os teus mandatos36. A mocidade non ten que equivaler a despreocupación, como peitear canas non significa necesariamente prudencia e sabedoría.

Acode comigo á Nai de Cristo. Nosa Nai, que viches medrar a Xesús, que o viches aproveitar o seu paso entre os homes: ensíname a utilizar os meus días en servizo da Igrexa e das almas; ensíname a oír no máis íntimo do meu corazón, como un reproche agarimoso, Nai boa, sempre que sexa mester, que o meu tempo non me pertence, porque é do Noso Pai que está nos Ceos.

Notas
36

Ps CXVIII, 100.

Referencias á Sagrada Escritura
Este punto noutro idioma