7
Certamente trátase dun obxectivo elevado e arduo. Pero non me perdades de vista que o santo non nace: fórxase no continuo xogo da graza divina e da correspondencia humana. «Todo o que se desenvolve —advirte un dos escritores cristiáns dos primeiros séculos, referíndose á unión con Deus—, comeza por ser pequeno. É ao alimentarse gradualmente como, con constantes progresos, chega a facerse grande»12. Por iso dígoche que, se te desexas portar como un cristián consecuente —se estás disposto aínda que tantas veces che custe vencer ou tirar cara arriba con este pobre corpo—, tes que poñer un coidado extremo nos detalles máis nimios, porque a santidade que o Noso Señor che esixe se acada cumprindo con amor de Deus o traballo, as obrigas de acotío, que case sempre se compoñen de realidades miúdas.
San Marcos Eremita, De lege spirituali, 172 (PG 65, 926).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/7/ (14-12-2025)