72
72 Meus amados irmáns —de novo, a voz de san Paulo—, estade firmes e constantes, traballade sempre máis e máis na obra do Señor, xa que sabedes que o voso traballonon quedará sen recompensa diante de Deus28. Vedes? É toda unha trama de virtudes a que se pon en xogo ao desempeñar o noso oficio, co propósito de santificalo: a fortaleza, para perseverar no noso labor, a pesar das naturais dificultades e sen deixarse vencer nunca polo abatemento; a temperanza, para gastarse sen reservas e para superar a comodidade e o egoísmo; a xustiza, para cumprir os nosos deberes con Deus, coa sociedade, coa familia, cos colegas; a prudencia, para saber en cada caso o que é conveniente facer, alanzarnos á obra sen demoras... E todo, insisto, por Amor, co sentido vivo e inmediato da responsabilidade do froito do noso traballo e do seu alcance apostólico.
Obras son amores, e non boas razóns, reza o refrán popular, e penso que non é necesario engadir nada máis.
Señor, concédenos a túa graza. Ábrenos a porta do obradoiro de Nazaret, co fin de que aprendamos a contemplarte a Ti, coa túa Nai Santa María e co Santo Patriarca San Xosé — a quen tanto quero e venero—, dedicados os tres a unha vida de traballo santo. Removeranse os nosos pobres corazóns, buscarémoste e encontrarémoste no labor cotián, que Ti desexas que convertamos en obra de Deus, obra de Amor.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/72/ (14-12-2025)