8
Cousas pequenas e vida de infancia
Pensando naqueles de vós que, á volta dos anos, aínda se dedican a soñar —con soños vans e puerís, como Tartarín de Tarascón— en cazar leóns polos corredores da súa casa, alí onde acaso non hai máis ca ratas e pouco máis; pensando neles, insisto, recórdovos a grandeza da andaina ao divino no cumprimento fiel das obrigacións habituais da xornada, con esas loitas que enchen de gozo ao Señor, que só El e cada un de nós coñecemos.
Convencédevos de que ordinariamente non atoparedes lugar para fazañas abraiantes, entre outras razóns, porque non se adoitan presentar. En troques, non vos faltan ocasións de demostrar a través do pequeno, do normal, o amor que tedes a Xesucristo. «Tamén no miúdo, comenta san Xerome, móstrase a grandeza da alma. Ao Creador non o admiramos só no ceo e na terra, no sol e no océano, nos elefantes, camelos, bois, leopardos, osos e leóns; senón tamén polos animais minúsculos, como a formiga, mosquitos, moscas, vermes e demais animais desa índole, que distinguimos mellor polos seus corpos que polos seus nomes: tanto nos grandes coma nos pequenos admi-ramos a mesma mestría. Así, a alma que se dá a Deus pon nas cousas menores o mesmo fervor que nas maiores»13.
San Xerome, Epistolae, 60, 12 (PL 22, 596).
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/8/ (14-12-2025)