89
Un camiño ordinario
Tratamos de virtudes humanas. E quizais alguén de vós poida preguntarse. Pero comportarse dese xeito, non supón illarse do ambiente normal, non é algo alleo ao mundo de todos os días? Non. En ningures está escrito que o cristián deba ser un personaxe estraño ao mundo. O Noso Señor Xe-su cristo, con obras e palabras, fixo o eloxio doutra virtude humana que me é particularmente querida: a naturalidade, a sinxeleza.
Lembrade como vén o Noso Señor ao mundo. Como todos os homes. Pasa a súa nenez e mocidade nunha aldea de Palestina, un máis entre os seus concidadáns. Nos anos da súa vida pública, repítese arreo o eco da súa existencia corrente transcorrida en Nazaret. Fala do traballo, preocúpase de que os seus discípulos descansen18; vai ao encontro de todos e non rexeita a conversación con ninguén; dilles expresamente, aos que lle seguían, que non impidan que os nenos se acheguen a El19. Evocando, quizais, os tempos da súa infancia pon a comparación dos cativos que xogan na praza pública20.
Non é todo normal, natural, sinxelo? Non se pode vivir na vida ordinaria? Sucede, non obstante, que os homes se adoitan acostumar ao que é chan e ordinario, e inconscientemente buscan o aparatoso, o artificial. Terédelo comprobado coma min: encómiase, por exemplo, o primor dunhas rosas frescas, acabadas de cortar, de pétalos finos e olorosos. E o comentario é: parecen de tea!
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/89/ (14-12-2025)