91
Virtudes humanas e virtudes sobrenaturais
Cando unha alma se esforza por cultivar as virtudes humanas, o seu corazón está moi preto de Cristo. E o cristián percibe que as virtudes teologais —a fe, a esperanza e a caridade—, e todas as outras que trae consigo a graza de Deus, impúlsano a non descoidar nunca esas calidades boas que comparte con tantos homes.
As virtudes humanas —insisto— son o fundamento das sobrenaturais; e estas proporcionan sempre un novo pulo para desenvolverse como un home de ben. Mais, en calquera caso, non basta o afán de posuír esas virtudes: é preciso aprender a practicalas. Discite benefacere22, aprendede a facer o ben. Hai que se exercitar habitualmente nos actos correspondentes — feitos de sinceridade, de veracidade, de ecuanimidade, de serenidade, de paciencia—, porque obras son amores e non cabe amar a Deus só de palabra, senón con obras e de verdade23.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/91/ (14-12-2025)