A GRANDEZA DA VIDA CORRENTE

Homilía pronunciada o 11-III-1960

Iamos hai tantos anos por unha estrada de Castela, e vimos, alá ao lonxe, no campo, unha escena que me removeu e que me serviu en moitas ocasións para facer oración: varios homes chantaban con forza, na terra, os esteos, que despois utilizaron para ter suxeita verticalmente unha rede, e formar o ovil. Máis adiante, achegáronse a aquel lugar os pastores coas ovellas, cos años; chamábaos polo seu nome, e un a un entraban no ovil, para estaren todos xuntos, seguros.

E eu, meu Señor, hoxe lémbrome de modo particular deses pastores e dese ovil, porque todos os que aquí nos atopamos reunidos —e outros moitos no mundo enteiro— para conversar Contigo, sabémonos metidos no teu curro. Ti mesmo o dixeches. Eu son o Bo Pastor, e coñezo as miñas ovellas e as miñas ovellas coñécenme a min1. Ti coñécenos ben; cónstache que queremos oír, escoitar sempre atentamente os teus asubíos de Pastor Bo, e secundalos, porque a vida eterna consiste en coñecerte a Ti, só Deus verdadeiro, e a Xesucristo a quen Ti enviaches2.

Tanto me namora a imaxe de Cristo arrodeado a dereita e a esquerda polas súas ovellas, que a mandei poñer no oratorio onde habitualmente celebro a Santa Misa; e noutros lugares fixen gravar, como espertador da presenza de Deus, as palabras de Xesús: cognosco oves meas et cognoscunt me meae3, para que consideremos en todo momento que El nos reprocha, nos instrúe e nos aprende como o pastor ao seu rabaño4. Moi a propósito vén, pois, esta lembranza de terras de Castela.

Deus quérenos santos

Vós e máis eu formamos parte da familia de Cristo, porque El mesmo nos escolleu antes da creación do mundo, para que sexamos santos e sen mancha na súa presenza pola caridade, predestinándonos como fillos adoptivos por Xesucristo, a súa gloria, por puro efecto da súa boa vontade5. Esta elección gratuíta, que recibimos do Señor, márcanos un fin ben determinado: a santidade persoal, como nolo repite insistentemente san Paulo: haec est voluntas Dei: sanctificatio vestra6, esta é Vontade de Deus: a vosa santificación. Non o esquezamos, polo tanto: estamos no ovil do Mestre, para conquistar ese cume.

Non se vai da miña memoria unha ocasión —transcorreu xa moito tempo— na que fun rezar á catedral de Valencia, e pasei por diante do sartego do Venerable Ridaura. Contáronme entón que este sacerdote, cando xa era moi vello e lle preguntaban: cantos anos ten vostede?, el, moi convencido, respondía en valenciano poquets, pouquiños!, os que levo servindo a Deus. Para moitos de vós aínda se contan cos dedos dunha man os anos, desde que vos decidistes a tratar o Noso Señor, e servilo no medio do mundo, no voso propio ambiente e a través da vosa profesión ou oficio. Non importa excesivamente este detalle; si interesa, pola contra, que gravemos a fogo na alma a certeza de que a invitación á santidade, dirixida por Xesucristo a todos os homes sen excepción, require de cada quen que cultive a vida interior, que se exercite acotío nas virtudes cristiás; e non de calquera xeito, nin por riba do común, nin sequera dun modo excelente: temos que nos esforzar ata o heroísmo, no senso máis forte e tallante da expresión.

A meta que vos propoño —mellor a que vos sinala Deus a todos— non é un espellismo nin un ideal inalcanzable: podería relatarvos tantos exemplos concretos de mulleres e homes da rúa, coma vós e coma min, que encontraron a Xesús que pasa quasi in occulto7 polas encrucilladas aparentemente máis vulgares, e decidíronse a seguilo, abrazados con amor á cruz de cada día8. Nesta época de derrube xeral, de cesións e desánimos, de libertinaxe e anarquía, paréceme aínda máis actual aquela sinxela e profunda convicción que, nos comezos do meu labor sacerdotal, e sempre, consumiume en desexos de comunicar á humanidade enteira: estas crises mundiais son crises de santos.

Vida interior: é unha esixencia da chamada que o Mestre puxo na alma de todos. Temos que ser santos —diréivolo cunha frase castiza da miña terra— sen que falte unpelo: cristiáns de verdade, auténticos, canonizables; e se non, fracasaremos como discípulos do único Mestre. Tede en conta ademais que Deus, ao fixarse en nós, ao concedernos a súa graza para que loitemos por acadar a santidade no medio do mundo, im ponnos tamén a obriga do apostolado. Comprendede que, ata humanamente, como comenta un Padre da Igrexa, a preocupación polas almas agroma como unha consecuencia lóxica desa elección: «Cando descubrides que algo vos foi de pro-veito, procurades atraer aos demais. Tedes, pois, que desexar que outros vos acompañen polos camiños do Señor. Se ides ao foro ou aos baños, e atopades alguén desocupado, convidádeo a que vos acompañe. Aplicade ao espiritual este costume terreo e, cando vaiades a Deus, non o fagades sós»9.

Se non queremos malgastar o tempo inutilmente —tampouco coas falsas escusas das dificultades exteriores do ambiente, que nunca faltaron desde os comezos do cristianismo—, teremos moi presente que Xesucristo vinculou, de xeito ordinario, a vida interior á eficacia da nosa acción para arrastrar aos que temos ao noso redor. Cristo puxo como condición, para o influxo da actividade apostólica, a santidade; corríxome, o esforzo da nosa fidelidade, porque santos na terra non o seremos nunca. Parece incrible pero Deus e os homes necesitan, pola nosa banda, unha fidelidade sen paliativos, sen eufemismos, que chegue ata as súas últimas consecuencias, sen  mediocridades nin componendas, en plenitude de vocación cristiá asumida e practicada con esmero.

Quizais algún de vós pense que me estou referindo exclusivamente a un sector de persoas selectas. Non vos enganedes tan facilmente, movidos pola covardía ou pola comodidade. Sentide, pola contra, a urxencia divina de ser cada un outro Cristo, ipse Christus, o mesmo Cristo; en poucas palabras, a urxencia de que a nosa conduta discorra coherente coas normas da fe, pois non é a nosa —esa que temos que pretender— unha santidade de segunda categoría, que non existe. E o principal requisito que se nos pide —ben conforme coa nosa natureza— consiste en amar: a caridade é o vencelloda perfección10; caridade, que debemos practicar de acordo cos manda-mentos explícitos que o mesmo Señor establece: amarás ao Señor Deus teu con todo o teu corazón con toda a túa alma e con toda a túa mente11, sen reservarnos nada. Nisto consiste a santidade.

Certamente trátase dun obxectivo elevado e arduo. Pero non me perdades de vista que o santo non nace: fórxase no continuo xogo da graza divina e da correspondencia humana. «Todo o que se desenvolve —advirte un dos escritores cristiáns dos primeiros séculos, referíndose á unión con Deus—, comeza por ser pequeno. É ao alimentarse gradualmente como, con constantes progresos, chega a facerse grande»12. Por iso dígoche que, se te desexas portar como un cristián consecuente —se estás disposto aínda que tantas veces che custe vencer ou tirar cara arriba con este pobre corpo—, tes que poñer un coidado extremo nos detalles máis nimios, porque a santidade que o Noso Señor che esixe se acada cumprindo con amor de Deus o traballo, as obrigas de acotío, que case sempre se compoñen de realidades miúdas.

Cousas pequenas e vida de infancia

Pensando naqueles de vós que, á volta dos anos, aínda se dedican a soñar —con soños vans e puerís, como Tartarín de Tarascón— en cazar leóns polos corredores da súa casa, alí onde acaso non hai máis ca ratas e pouco máis; pensando neles, insisto, recórdovos a grandeza da andaina ao divino no cumprimento fiel das obrigacións habituais da xornada, con esas loitas que enchen de gozo ao Señor, que só El e cada un de nós coñecemos.

Convencédevos de que ordinariamente non atoparedes lugar para fazañas abraiantes, entre outras razóns, porque non se adoitan presentar. En troques, non vos faltan ocasións de demostrar a través do pequeno, do normal, o amor que tedes a Xesucristo. «Tamén no miúdo, comenta san Xerome, móstrase a grandeza da alma. Ao Creador non o admiramos só no ceo e na terra, no sol e no océano, nos elefantes, camelos, bois, leopardos, osos e leóns; senón tamén polos animais minúsculos, como a formiga, mosquitos, moscas, vermes e demais animais desa índole, que distinguimos mellor polos seus corpos que polos seus nomes: tanto nos grandes coma nos pequenos admi-ramos a mesma mestría. Así, a alma que se dá a Deus pon nas cousas menores o mesmo fervor que nas maiores»13.

Ao meditar aquelas palabras do Noso Señor: Eu, por amor deles santifícome a Minmesmo para que eles sexan santificados na verdade14, percibimos con claridade o noso único fin: a santificación, ou ben, que temos que ser santos para santificar. Á vez, como unha sutil tentación, quizais nos asalte o pensamento de que moi poucos estamos decididos a responder a esa invitación divina, aparte de que nos vemos como instrumentos de moi escasa categoría. En verdade, somos poucos, en comparación co resto da humanidade, e persoalmente non valemos nada; pero a afirmación do Mestre resoa con autoridade: o cristián é luz, sal, fermento do mundo, e un pouco de lévedo faifermentar toda a masa15. Por isto precisamente, prediquei sempre que nos interesan todas as almas —das cen, cen—, sen discriminacións de ningún xénero, coa certeza de que Xesucristo nos redimiu a todos, e quérenos empregar a uns poucos, a pesar da nosa nulidade persoal, para que demos a coñecer esta salvación.

Un discípulo de Cristo xamais tratará mal a persoa nin-gunha; ao erro chámalle erro, pero ao que está equivocado débeo corrixir con afecto: doutro xeito, non o poderá axudar, non o poderá santificar. Hai que convivir, hai que comprender, hai que desculpar, hai que ser fraternos; e, como aconsellaba san Xoán da Cruz, en todo momento «hai que pór amor, onde non hai amor, para sacar amor»16, tamén nesas circunstancias aparentemente intranscendentes que nos brindan o traballo profesional e as relacións familiares e sociais. Polo tanto, ti e mais eu aproveitaremos ata as máis banais oportunidades que se presenten ao noso redor, para santificalas, para santificarnos e para santificar aos que connosco comparten os mesmos afáns cotiáns, sentindo nas nosas vidas o peso doce e suxestivo da corredención.

Vou proseguir este momento de charla perante o Señor, cunha nota que utilicei hai anos e que mantén toda a actualidade. Recollín daquela unhas consideracións de Tareixa de Avila: «todo é nada, e menos que nada, o que se acaba e non contenta a Deus»17. Comprendedes por que unha alma deixa de saborear a paz e a serenidade cando se arreda do seu fin, cando se esquece de que Deus a creou para a santidade? Esforzádevos por non perder nunca de vista este punto de mira sobrenatural, tampouco á hora da distracción ou do descanso, tan necesario na vida de cada un de nós coma o traballo.

Xa podedes chegar ao cume da vosa tarefa profesional, xa podedes acadar os trunfos máis resoantes, como froito desa libérrima iniciativa que exercedes nas actividades temporais; pero se me abandonades ese sentido sobrenatural que ten que presidir todo o noso labor humano, errariades lamentablemente o camiño.

Permitídeme unha curta digresión, que vén perfectamente ao caso. Xamais lle preguntei a ninguén dos que a min se achegaron o que pensa en política: non me interesa! Maniféstovos con esta norma da miña conduta, unha realidade que está moi metida na entraña do Opus Dei, ao que coa graza e misericordia divina me dediquei completamente, para servir á Igrexa santa. Non me interesa ese tema, porque os cristiáns gozades da máis plena liberdade, coa consecuente persoal responsabilidade, para intervir como mellor vos pete en cuestións de índole política, social, cultural, etcétera, sen máis límites que os que marca o maxisterio da Igrexa. Unicamente me preocuparía —polo ben das vosas almas— se saltásedes eses lindeiros, xa que creariades unha neta oposición entre a fe que afirmades profesar e ás vosas obras, e entón volo advertiría con claridade. Este sacrosanto respecto as vosas opcións, mentres non se aparten da lei de Deus, non o entenden os que ignoran o verdadeiro concepto da liberdade que nos gañou Cristo na Cruz, qua libertateChristus nos liberavit18, os sectarios dun e doutro extremo: eses que pretenden impor como dogma as súas opinións temporais; ou aqueles que degradan ao home, ao negar o valor da fe colocándoa a mercé dos erros máis brutais.

Pero volvamos ao noso tema. Dicíavos antes que xa podedes lograr os éxitos máis espectaculares no terreo social, na actuación pública, no quefacer profesional, pero se vos descoidades interiormente e vos apartades do Señor, ao final teredes fracasado rotundamente. Ante Deus, e en definitiva é o que conta, consegue a vitoria o que loita por se portar como cristián auténtico: non cabe unha solución intermedia. Por iso co ñecedes a tantos que, xulgando ao humano a situación, se deberían sentir moi felices e, non obstante, arrastran unha existencia inqueda, agre; parece que venden alegría a eito, pero rascas un pouco nas súas almas e queda ao descuberto un sabor acedo, máis amargo que o fel. Non nos sucederá a ninguén de nós, se de veras tratamos de cumprir constantemente a Vontade de Deus, darlle gloria, loalo e estender o seu reinado a todas as criaturas.

A coherencia cristiá da vida

Prodúceme unha magoa moi grande decatarme de que un católico —un fillo de Deus que, polo Bautismo, está chamado a ser outro Cristo— tranquiliza a súa conciencia cunha simple piedade de fórmulas, cunha relixiosidade que o empuxa a rezar de cando en vez, só se pensa que lle convén!; a asistir á Santa Misa nos días de precepto —e nin tan sequera todos—, mentres coida puntualmente que o seu estómago se quede tranquilo, comendo a horas fixas; a ceder na súa fe, a cambiala por un prato de lentellas, con tal de non renunciar á súa posición... E logo, con desvergonza ou con escándalo, utiliza para subir a etiqueta de cristián. Non! Non nos conformemos coas etiquetas: quérovos cristiáns de corpo enteiro, dunha peza; e, para conseguilo, teredes que buscar sen componendas o oportuno alimento espiritual.

Por experiencia persoal cónstavos —e terédesmo oído repetir con frecuencia, para previr desánimos— que a vida interior consiste en comezar e recomezar cada día; e advertides no voso corazón, coma eu no meu, que necesitamos loitar con continuidade. Observaredes no voso exame —a min sucé-deme outro tanto: perdoade que vos faga estas referencias á miña persoa, pero, mentres vos falo estou dando voltas co Señor ás necesidades da miña alma—, que sufrides repetidamen-te pequenos reveses, e por veces antóllasevos que son descomunais, porque revelan unha evidente falta de amor, de entrega, de espírito de sacrificio, de delicadeza. Fomentade as ansias por reparar, cunha contrición sincera, pero non me perdades a paz.

Alá, polos primeiros anos da década dos corenta, ía eu moito por Valencia. Non tiña daquela ningún medio humano e, cos que se reunían con este pobre sacerdote, —como agora vós—, facía a oración onde boamente podiamos, algúns seráns nunha praia solitaria. Como os primeiros amigos do Mestre, lembras? Escribe San Lucas que, ao saír de Tiro con Paulo, camiño de Xerusalén, acompañáronos todos coas súas mulleres e nenos ata as aforas da cidade, e axeonllados fixemos a oración na praia19.

Pois, un día a última hora, durante un daqueles solpores marabillosos, vimos que se achegaba unha barca á beira, e saltaron a terra uns homes morenos, fortes coma rochas, mollados, co torso espido, tan queimados pola maraxe que parecían de bronce. Comezaron a sacar da auga a rede repleta de peixes brillantes coma a prata, que traían arrastrada pola barca. Turraban con moito brío, os pés afundidos na area, cunha enerxía prodixiosa. De súpeto veu un neno, tamén moi torrado, aproximouse á corda, agarrouna coas súas manciñas e comezou a turrar con evidente torpeza. Aqueles pescadores rudos, nada requintados, deberon sentir tremer o seu corazón e permitiron que o pequecho colaborase; non o apartaron, aínda que máis ben estorbaba.

Pensei en vós e mais en min; en vós, que aínda non vos coñecía, e en min; nese turrar da corda todos os días en tantas cousas. Se nos presentamos ante Deus Noso Señor coma ese pequeno, convencidos da nosa debilidade pero dispostos a secundar os seus designios, acadaremos máis facilmente a meta: arrastraremos a rede ata a beira, chea de abundantes froitos, porque onde fallan as nosas forzas chega o poder de  Deus.

Sinceridade na dirección espiritual

Coñecedes dabondo as abrigas do voso camiño de cristiáns, que vos conducirán sen pausa e con sosego á santidade; estades tamén precavidos contra as dificultades, practicamente contra todas, porque se albiscan xa desde os principios do camiño. Agora insístovos en que vos deixedes axudar, guiar, por un director de almas, ao que confiedes todas as vosas ilusións santas e os problemas cotiáns que afecten á vida interior, as desfeitas que sufrides e as vitorias.

Nesa dirección espiritual mostrádevos sempre moi sinceros. Non vos concedades nada sen dicilo, abride por completo a vosa alma, sen medos nin vergonzas. Mirade que, se non, ese camiño tan chairo e carreteiro se enlea, e o que ao comezo non era nada, acaba converténdose nun nó que afoga. «Non pensedes que os que se perden caen vítimas dun fracaso repentino; cada un deles errou nos comezos do seu vieiro, ou ben descoidou longo tempo a súa alma, de xeito que se foi debilitando progresivamente a forza das súas virtudes e, pola contra, medrando aos poucos a dos vicios, deu en quebrantarse miserablemente... Unha casa non se derruba de súpeto por un accidente imprevisible: ou tiña algún defecto nos seus fundamentos ou o desleixo dos que a habitaban prolongouse por moito tempo, de xeito que os estragos en principio moi cativos foron corroendo a firmeza da armadura, polo que, cando chegou a tempestade e aumentaron as chuvias torrenciais, derruíuse sen remedio, poñendo de manifesto a antigüidade do descoido»20.

Acórdavos o conto do xitano que se foi confesar? Non pasa de ser un conto, unha chafallada, porque da confesión non se fala xamais, á parte de que eu estimo moito aos xitanos. Malpocado! Estaba arrepentido de veras: padre cura, acúsome de roubar unha trela... —pouca cousa, verdade?—; e detrás había unha mula..., e detrás outra trela...; e outra mula... E así, ata vinte. Meus fillos, o mesmo ocorre co noso comportamento: en canto concedemos a trela, vén despois o demais, vén a continuación unha reata de malas inclinacións, de miserias que envilecen e avergoñan; e outro tanto sucede na convivencia: comézase por un pequeno desaire, e remátase vivindo de costas, no medio da indiferenza mais xélida.

16 Cazádenos as raposas, as raposas pequenas, que estragan a viña, as nosas viñas en flor21. Fieis no pequeno, moi fieis no pequeno. Se nos procuramos esforzar deste xeito, aprenderemos tamén a acudir con confianza ao colo de Santa María, como fillos seus. Non vos lembraba ao principio que todos nós temos moi poucos anos, tantos como levamos decididos a tratar a Deus con intimidade? Pois é razoable que a nosa miseria e a nosa pouquidade se acheguen á grandeza e á pureza santa da Nai de Deus, que é tamén Nai nosa.

Pódovos contar outra anécdota real, porque van transcorridos xa tantos anos, tantísimos anos desde que sucedeu; e porque vos axudará a pensar, polo contraste e a crueza das expresións. Achábame dirixindo un curso de retiro para sacerdotes de diversas dioceses. Eu buscábaos con afecto e con interese, para que viñesen falar, e desafogar a súa conciencia, porque tamén os sacerdotes necesitamos do consello e da axuda dun irmán. Empecei a charlar con un, algo brutiño, pero moi nobre e sincero; tiráballe un pouco da lingua, con delicadeza e con claridade, para estiñar calquera ferida que estivese ala dentro, no seu corazón. Nun determinado momento, interrompeume, máis ou menos con estas palabras: eu teño una envexa moi grande da miña burra; estivo prestando servizos parroquiais en sete curatos, e non hai nada que dicir dela. Ai se eu tivera feito o mesmo!

Quizais —examínate a fondo!— tampouco merezamos nós a loanza que ese curiña de aldea cantaba da súa burra. Temos traballado tanto, temos ocupado tales postos de responsabilidade, temos triunfado nesta e naquela tarefa humana..., pero, na presenza de Deus, non atopas nada do que non te debas lamentar? Intentaches de verdade servir a Deus e aos teus irmáns os homes, ou fomentaches o teu egoísmo, a túa gloria persoal, as túas ambicións, e teu éxito exclusivamente terreo e penosamente caduco?

Se vos falo un pouco descaradamente, é porque eu quero facer unha vez máis un acto de contrición moi sincero, e porque quixera que cada un de vós tamén pedise perdón. Á vista das nosas infidelidades, á vista de tantas equivocacións, de fraquezas, de covardías —cada quen as súas—, repitamos de corazón ao Señor aquelas contritas exclamacións de Pedro: Domine, tu omnia nosti, tuscis quia amo te! 22; Señor!, Ti sábelo todo, Ti sabes que te amo, a pesar das miñas miserias! E atré-vome a engadir: Ti coñeces que te amo, precisamente polas miñas miserias, pois me levan a apoiarme máis en Ti, que es a miña fortaleza: quia Tu es, fortitudo mea23. E desde aí, volvamos comezar.

Buscar a presenza de Deus

Vida interior. Santidade nas tarefas ordinarias, santidade nas cousas pequenas, santidade no labor profesional, nos afáns de cada día...; santidade, para santificar os demais. Soñaba en certa ocasión un coñecido meu —nunca remato de coñecelo ben!— que voaba nun avión a moita altura, pero non dentro, na cabina; ía montado riba das ás. Pobre desgraciado: como padecía e se agoniaba! Parecía que o Noso Señor lle daba a entender que dese xeito van —inseguras, con desacougos— polas alturas de Deus as almas apostólicas que carecen de vida interior ou a descoidan: co perigo constante de virse abaixo, sufrindo, incertas.

Eu penso, efectivamente, que corren un serio perigo de descarreirarse aqueles que se lanzan á acción —ao activismo!—, e prescinden da oración, do sacrificio e dos medios indispensables para acadar unha sólida piedade: a frecuencia de sacramentos, a meditación, o exame de conciencia, a lectura espiritual, o trato asiduo coa Virxe Santísima e os anxos custodios... Todo isto contribúe ademais, con eficacia insubstituíble, a que sexa tan amable a xornada do cristián, porque da súa riqueza interior flúen a dozura e a fidelidade a Deus, coma o mel do panal.

Na persoal intimidade, na conduta externa; no trato cos demais, no traballo, cadaquén ha procurar manterse en con-tinua presenza de Deus, cunha conversa —un diálogo— que non se manifesta cara fóra. Mellor dito, non se expresa de ordinario con ruído de palabras, mais hase de notar polo empeño e pola amorosa dilixencia que poñemos en acabar ben as tarefas, tanto as importantes coma as miúdas. Se non procedésemos con ese tesón, seriamos pouco consecuentes coa nosa condición de fillos de Deus, porque teriamos desperdiciado os recursos que o Señor colocou providencialmente ao noso alcance, para que arribemos ao estado do home perfecto, á medida da idade perfecta segundo Cristo24.

Durante a última guerra española, viaxaba con frecuencia para atender sacerdotalmente a moitos mozos que se atopaban na fronte. Nunha trincheira, escoitei un diálogo que me quedou moi gravado. Preto de Teruel, un soldado novo comentaba doutro, polo visto un pouco indeciso, pusilánime: ese non é un home dunha peza! Causaríame unha tristeza enorme, que de calquera de nós se puidese afirmar, con fundamento, que somos inconsecuentes; homes que aseguran que queren ser autenticamente cristiáns, santos, pero que desprezan os medios, xa que no cumprimento das súas obrigas non manifestan continuamente a Deus o seu agarimo e o seu amor filial. Se dese xeito se debuxase a nosa situación, tampouco seriamos, nin ti nin eu, cristiáns dunha peza.

Procuremos fomentar no fondo do corazón un desexo ardente, un afán grande de acadar a santidade, a pesares de que nos contemplemos cheos de miserias. Non vos asustedes; á medida que se avanza na vida interior, percíbense con maior claridade os defectos persoais. Acontece que a axuda da graza se transforma coma nuns cristais de aumento, e aparece con dimensións xigantescas ata o lixo máis minúsculo, o gran de area case imperceptible, porque a alma adquire a finura divina, e mesmo a sombra máis pequena molesta á conciencia, que só gusta da limpeza de Deus. Dillo agora desde o fondo do teu corazón: Señor, de verdade quero ser santo, de verdade quero ser un digno discípulo teu e seguirte sen condicións. De seguida terás que te propoñer a intención de renovar decotío os grandes ideais que te animan nestes momentos.

Xesús, se os que nos reunimos no teu Amor fósemos perseverantes! Se lográsemos traducir en obras eses degoiros que Ti mesmo espertas nas nosas almas! Preguntádevos con moita frecuencia: eu, para que estou na terra? E así procuraredes o perfecto acabamento —cheo de caridade— das tarefas que emprendades cada xornada e o coidado das cousas pequenas. Fixarémonos no exemplo dos santos: persoas coma nós, de carne e óso, con fraquezas e debilidades, que souberon vencer e vencerse por amor de Deus; consideraremos a súa conduta e —como as abellas que destilan de cada flor o néctar máis precioso— sacaremos proveito das súas loitas. Vós e mais eu aprenderemos tamén a descubrir tantas virtudes nos que nos rodean —dannos leccións de traballo, de abnegación, de alegría...—, e non nos deteremos demasiado nos seus defectos; só  cando resulte imprescindible, para axudalos coa corrección fraterna.

Na barca de Cristo

Como ao Noso Señor, a min tamén me gusta moito charlar de barcas e redes, para que todos saquemos desas escenas evanxélicas propósitos firmes e determinados. Cóntanos san Lucas que uns pescadores lavaban e remendaban as súas redes na beira do lago de Xenesaret. Xesús achégase a aquelas naves ancoradas na ribeira e sube a unha, a de Simón. Con que naturalidade se mete o Mestre na barca de cada un de nós!: para complicarnos a vida, como se repite por aí en ton de queixa. Con vós e comigo cruzouse o Señor no noso camiño, para complicarnos a existencia delicadamente, agarimosamente.

Logo de predicar desde a barca de Pedro, diríxese aos pescadores: duc in altum, et laxate retiavestra in capturam! 25, vogade mar a dentro, e botade as vosas redes! Fiados na palabra de Cristo, obedecen, e obteñen aquela pesca prodixiosa. E mirando a Pedro, que como Santiago e Xoán, non saía do seu asombro, o Señor explícalle: non tes que temer, de hoxe en diante serán homes os que has pescar. E eles, sacando as barcas á terra, deixadas todas as cousa, seguírono26.

A túa barca —os teus talentos, as túas aspiracións, os teus logros— non vale para nada, a non ser que a deixes a disposición de Xesucristo, que permitas que El poida entrar aí con liberdade, que non a convertas nun ídolo. Ti só, coa túa barca, se prescindes do Mestre, sobrenaturalmente falando, marchas dereito cara o naufraxio. Unicamente se admites, se buscas, a presenza e o goberno do Señor, estarás a salvo das tempestades e dos reveses da vida. Pon todo nas mans de Deus: que os teus pensamentos, as boas aventuras da túa imaxinación, as túas ambicións humanas nobres, os teus amores limpos, pasen polo corazón de Cristo. Doutro xeito, máis tarde ou máis cedo, iranse a pique co teu egoísmo.

Se consentes en que Deus domine a túa nave, que El sexa o amo, que seguridade!..., tamén cando parece que se ausenta, que se queda adurmiñado, que se despreocupa, e levántase a treboada no medio das tebras máis escuras. Relata san Marcos que nesas circunstancias se atopaban os Apóstolos; e Xesús, ao velos remar con grande fatiga —por canto o vento éralles contrario— a iso da cuarta hora nocturna, veu cara eles camiñando sobre o mar... Recuperade o ánimo, son eu, non tedes nada que temer. E meteuse con eles na barca, e cesou o vento27.

Fillos meus, ocorren tantas cousas na terra...! Poderíavos contar de mágoas, de sufrimentos, de malos tratos, de martirios —non lle saco nin unha letra— do heroísmo de moitas almas. Perante os nosos ollos, na nosa intelixencia agroma ás veces a impresión de que Xesús dorme, de que non nos oe; pero San Lucas nárranos de que xeito se comporta Xesús cos seus: mentres eles —os discípulos— ían navegando, durmiuse Xesús, ao tempo que un vento rexo alborotou as ondas, de xeito que, asolagando a barca, corrían risco. Con isto, achegáronse a El, e espertárono, berrando: Mestre que perecemos! Posto Xesús en pé, mandou ao vento e á treboada que se calmasen, e inmediatamente cesaron, e seguiu unha grande bonanza. Entón preguntoulles: onde está a vosa fe? 28.

Se nos damos, El dásenos. Hai que confiar plenamente no Mestre, hai que abandonarse nas súas mans sen mesquindades; manifestarlle, coas nosas obras, que a barca é súa, que queremos que dispoña ao seu antollo de todo o que nos pertence.

Remato, acudindo á intercesión de Santa María, con estes propósitos: a vivir de fe; a perseverar con esperanza; a permanecer pegados a Xesucristo; a amalo de verdade, de verdade, de verdade; a percorrer e saborear a nosa aventura de Amor, que namorados de Deus estamos; a deixar que Cristo entre na nosa pobre barca, e tome posesión da nosa alma como Dono e Señor; a manifestarlle con sinceridade que nos esforzaremos en manternos sempre na súa presenza, día e noite, porque El chamounos á fe: ecce ego quia vocasti me! 29 e viñemos ao seu ovil, atraídos polas súas voces e asubíos de Bo Pastor, coa certeza de que só ao seu abeiro atoparemos a verdadeira felicidade temporal e eterna.

Notas
1

Ioh X, 14.

2

Ioh XVII, 3.

3

Ioh X, 14.

4

Cfr. Ecclo XVIII, 13.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
5

Eph I, 4-5.

6

1 Thes IV, 3.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
7

Ioh VII, 10.

8

Cfr. Mt XVI, 24.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
9

San Gregorio Magno. Homiliae in Evangelia, 6, 6 (PL 76, 1098).

Notas
10

Col III, 14.

11

Mt XXII, 37.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
12

San Marcos Eremita, De lege spirituali, 172 (PG 65, 926).

Notas
13

San Xerome, Epistolae, 60, 12 (PL 22, 596).

Notas
14

Ioh XVII, 19.

15

Gal V, 9.

16

Cfr. san Xoán da Cruz, Carta a María da Encarnación, 6-VII-1591.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
17

Santa Tareixa de Xesús, Libro da vida, 20, 26.

Notas
18

Gal IV, 31.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
19

Act XXI, 5.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
20

Casiano, Collationes, 6, 17, (PL 49, 667-668).

Notas
21

Cant II, 15.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
22

Ioh XXI, 17.

23

Ps XLII, 2.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
24

Eph IV, 13.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
25

Lc V, 4.

26

Lc V, 10-11.

Referencias á Sagrada Escritura
Notas
27

Mc VI, 48, 50-51.

28

Lc VIII, 23-25.

29

1 Reg III, 9.

Referencias á Sagrada Escritura
Este capítulo noutro idioma