PARA QUE TODOS SE SALVEN
A vocación cristiá, esta chamada persoal do Señor, lévanos a identificarnos con El. Pero non hai que esquecer que El veu á terra para redimir a todo o mundo, porque quere que todos os homes se salven1. Non hai alma que non interese a Cristo. Cada unha custoulle o prezo do seu Sangue2.
Ao considerar estas verdades volve á miña cabeza aquela conversa entre os Apóstolos e o Mestre, momentos antes do milagre da multiplicación dos pans. Acompañara a Xesús unha grande multitude. Levanta o Noso Señor os ollos e pregunta a Filipe: onde mercaremos pan para dar de comer a toda esa xente?3. Filipe contesta, despois dun cálculo rápido: douscentos denarios de pan non chegan, para que cada untome un bocado4. Non teñen tantos cartos: haberá que recorrer a unha solución caseira. Dille un dos seus discípulos, Andrés, irmán de Simón Pedro: aquí está un mozo que trouxo cinco pans de cebada e dous peixes; mais, que é isto para tanta xente? 5.
O lévedo e a masa
Nós queremos seguir ao Señor e difundir a súa Palabra. Humanamente falando é lóxico que nos preguntemos tamén: pero, que somos, para tanta xente? En comparación co número de habitantes da terra, aínda que nos contemos por millóns, somos poucos. Por iso, témonos que ver como un pequeno lévedo que está preparado e disposto para facer o ben á humanidade enteira, lembrando as palabras do Apóstolo: un pouco delévedo fermenta toda a masa6, transfórmaa. Necesitamos aprender a ser ese fermento, ese lévedo, para modificar e transformar á multitude.
Seica o fermento é naturalmente mellor cá masa? Non. Pero o lévedo é o medio para que a masa se elabore, converténdose en alimento comestible e san.
Pensade, aínda que sexa a grandes trazos, na acción eficaz do lévedo, que serve para confeccionar o pan, sustento base, sinxelo, ao alcance de todos. En tantos lugares —quizais o tedes presenciado— a preparación da fornada é unha verdadeira cerimonia, que obtén un produto estupendo, saboroso, que entra polos ollos.
Escollen boa fariña; se poden, a da mellor clase. Traballan a masa na artesa, para mesturala co lévedo nun longo e paciente labor. Despois, un tempo de repouso, imprescindible para que o lévedo complete a súa misión, inchando a pasta.
Namentres, arde o fogo do forno, animado pola leña que se consume. E esa masa metida á calor do lume, proporciona ese pan tenro, esponxoso, de grande calidade. Un resultado imposible de acadar sen a intervención do lévedo —pouca cantidade—, que se diluíu, desaparecendo entre os demais elementos nun labor eficiente, que pasa inadvertido.
Se meditamos con sentido espiritual este texto de San Paulo, entenderemos que non hai outra que traballar, ao servizo de todas as almas. Outra cousa sería egoísmo. Se miramos a nosa vida con humilde, distinguiremos claramente que o Señor nos concedeu, ademais da graza da fe, talentos, calidades. Ninguén de nós é un exemplar repetido: Noso Pai creounos un a un, repartindo entre os seus fillos un número diverso de bens. Temos que poñer eses talentos, esas calidades ao servizo de todos: utilizar eses dons de Deus como instrumentos para axudar a descubrir a Cristo.
Non imaxinedes que este afán é coma un engadido, para bordear cunha filigrana a nosa condición de cristiáns. Se o lévedo non fermenta, podrece. Pode desaparecer reavivando a masa, pero pode tamén desaparecer porque se perde, nun monumento á ineficacia e ao egoísmo. Non prestamos un favor a Deus Noso Señor, cando o damos a coñecer aos demais: por predicar o Evanxeo non teño gloria, pois estou por necesidade obrigado, polo mandato de Xesucristo; e desventurado de min se non o predicase7.
Faenas de pesca
259 Velaquí, promete o Señor, que eu enviarei moitos pescadores e pescarei eses peixes8. Así concrétanos o grande labor: pescar. Fálase e escríbese ás veces sobre o mundo, comparándoo a un mar. E hai verdade nesa comparación. Na vida humana, coma no mar, existen períodos de calma e de borrasca, de tranquilidade e de ventos fortes. Con frecuencia as criaturas están nadando en augas amargas, no medio de ondas grandes; camiñan entre treboadas, nunha triste carreira, aínda cando parece que teñen alegría, aínda cando producen moito ruído: son gargalladas que queren encubrir o seu desalento, o seu desgusto, a súa vida sen caridade e sen comprensión. Devóranse os uns aos outros, os homes coma os peixes.
É tarefa dos fillos de Deus lograr que todos os homes entren —en liberdade— dentro da rede divina, para que se amen. Se somos cristiáns temos que nos converter neses pescadores que describe o profeta Xeremías, cunha metáfora que empregou tamén repetidamente Xesucristo: seguídeme, e eu farei que veñades ser pescadores dehomes9, dilles a Pedro e a Andrés.
Imos acompañar a Cristo nesta pesca divina. Xesús está a carón do lago de Xenesaret e as xentes axúntanse ao seu redor, ansiosas de escoitar a palabra de Deus10. Coma hoxe! Non o vedes? Están desexando escoitar a mensaxe de Deus, aínda que externamente o disimulen. Quizais algúns esqueceron a doutrina de Cristo; outros —sen culpa pola súa parte— non a aprenderon nunca, e pensan na relixión como en algo estraño. Pero, convencédevos dunha realidade sempre actual: chega sempre un momento no que a alma non pode máis, non lle bastan as explicacións habituais, non lle compracen as mentiras dos falsos profetas. E, aínda que non o admitan entón, esas persoas senten fame de saciar a súa inquedanza coa ensinanza do Señor.
Deixemos que narre San Lucas: nisto viu dúas barcas na beira do lago, das que baixaran os pescadores, e estaban a lavar as redes. Subindo, pois, a unha, que era de Simón, pediulle que a desviase un pouco de terra. E sentándose dentro, predicaba desde a barca ao numeroso concurso11. Cando rematou a súa catequese, ordenou a Simón: guía mar a dentro, e botade as vosas redes para pescar12. É Cristo o amo da barca; é El quen prepara a faena: para iso veu ao mundo, para ocuparse de que os seus irmáns encontren o camiño da gloria e do amor ao Pai. O apostolado cristián non o inventamos nós. Os homes, se cadra, obstaculizámolo: coa nosa torpeza, coa nosa falta de fe.
261 Replicoulle Simón: Mestre, perante toda a noite estivemos fati-gándonos, e nonrecollemos nada13. A contestación parece razoable. Pescaban ordinariamente, nesas horas; e, precisamente naquela ocasión a noite fora infrutuosa. Como pescar de día? Pero Pedro ten fe: non obstante, sobre a túa palabra botarei a rede14. Decide proceder como Cristo lle suxeriu; comprométese a traballar fiado na Palabra do Señor. Que sucede daquela? Fixéro-no, recolleron tan grande cantidade de peixes, que a rede rompía. Polo que fixeron sinais, aos compañeiros da outra barca para que viñesen e lles axudasen. Achegáronse inmediatamente e encheron tanto as dúas barcas, que pouco faltou para que afundisen15.
Xesús, ao saír ao mar cos seus discípulos, non miraba só esta pesca. Por iso cando Pedro se bota aos seus pés e confesa con humildade: arrédate de min, Señor, que sonun home pecador, o Noso Señor responde: non temas, de hoxe en diante serán homes os que has pescar16. E nesa nova pesca, tampouco fallará toda a eficacia divina: instrumentos de grandes prodixios son os Apóstolos, malia as súas persoais miserias.
Repetiranse os milagres
Tamén, a nós, se loitamos acotío por acadar a santidade cada quen no seu propio estado dentro do mundo e no exercicio da propia profesión, na nosa vida ordinaria, atrévome a asegurar que o Señor nos fará instrumentos capaces de obrar milagres e, se fose preciso, dos máis extraordinarios. Daremos luz aos cegos. Quen non podería contar mil casos de como un cego case de nacemento, recobra a vista, recibe todo o esplendor da luz de Cristo? E outro era xordo, e outro mudo, que non podían escoitar ou articular unha palabra como fillos de Deus... E purificáronse os seus sentidos, e escoitan e exprésanse xa como homes, non como bestas. In nomine Iesu!17, no nome de Xesús os seus Apóstolos danlle a facultade de moverse a aquel tolleito, incapaz dunha acción útil; e aqueloutro preguiceiro, que coñecía as súas obrigas pero non as cumpría... No nome do Señor, surge et ambula!18, érguete e anda.
O outro, defunto, apodrecido, que cheiraba a cadáver, percibiu a voz de Deus, como no milagre do fillo da viúva de Naím: rapaz, eu mándocho, érguete19. Milagres como Cristo, milagres como os primeiros Apóstolos farémolos. Quizais en ti mesmo, en min se teñen operado estes prodixios: quizais eramos cegos, ou xordos, ou eivados, ou fediamos a morto, e a palabra do Señor ergueunos da nosa prostración. Se amamos a Cristo, se o seguimos sinxelamente, se non nos buscamos a nós mesmos senón só a El, no seu nome poderemos transmitir a outros, de balde, o que de balde se nos concedeu.
Prediquei constantemente esta posibilidade, sobrenatural e humana, que o Noso Pai Deus pon nas mans dos seus fillos: participar na Redención operada por Cristo. Éncheme de ledicia encontrar esta doutrina nos textos dos Padres da Igrexa. San Gregorio Magno precisa: «os cristiáns quitan as serpes, cando desarraigan o mal dos corazóns dos demais coa súa exhortación ao ben... A imposición das mans sobre os enfermos para curalos, dáse cando se observa que o próximo se debilita na práctica do ben e se lle ofrece axuda de mil maneiras, robustecéndoo en virtude do exemplo. Estes milagres son tanto máis grandes en canto que suceden no eido espiritual, traendo a vida non aos corpos senón as almas. Tamén vós, se non vos abandonades, poderedes obrar estes prodixios, coa axuda de Deus»20.
Deus quere que todos se salven: isto é unha invitación e unha responsabilidade, que pesan sobre cada un de nós. A Igrexa non é un reduto para privilexiados. «Acaso a grande Igrexa é unha exigua parte da terra? A grande Igrexa é o mundo enteiro»21. Así escribía santo Agostiño, e engadía: «a calquera sitio que te dirixas, alí está Cristo. Tes por herdade os confíns da terra; vén, posuíla toda comigo»22. Lembrádesvos de como estaban as redes? Cargadas ata rebordar. Non cabían máis peixes. Deus espera ardentemente que se encha a súa casa23; é Pai, e gústalle vivir con todos os seus fillos arredor.
Apostolado na vida ordinaria
Vexamos agora aqueloutra pesca, despois da Paixón e Morte de Xesucristo. Pedro negou tres veces o Mestre e chorou con humilde dor; o galo co seu canto lembroulle as advertencias do Señor, e pediu perdón desde o fondo da súa alma. Namentres espera contrito, na promesa da Resurrección, exercita o seu oficio, e vai pescar. «A propósito desta pesca, pregúntasenos con frecuencia por que Pedro e os fillos do Zebedeo volveron ao quefacer que tiñan antes de que o Señor os chamase. Eran, en efecto pecadores cando Xesús lles dixo: seguídeme, e fareivos pescadores de homes. A aqueles que se sorprenden desta conduta, débeselle responder que non lles estaba prohibido aos Apóstolos exercer a súa profesión, tratándose de cousa lexítima e honesta»24.
O apostolado, esas arelas que proen as entrañas do cristián corrente, non é algo diverso da tarefa de todos os días: confúndese con ese mesmo traballo, convertido en ocasión de encontro persoal con Cristo. Nese labor, ao esforzármonos cóbado con cóbado nos mesmos afáns cos nosos compañeiros, cos nosos amigos, cos nosos parentes, poderemos axudalos a chegar a Cristo, que nos espera na beira do lago. Antes de ser apóstolo, pescador. Despois de apóstolo, pescador. A mesma profesión que antes, despois.
Que cambia entón? Cambia que na alma —porque nela entrou Cristo, como subiu á barca de Pedro— preséntanse horizontes máis amplos, mais ambición de servizo, e un desexo irreprimible de anunciar a todas as criaturas as magnalia Dei 25, as cousas marabillosas que fai o Señor, se lle deixamos facer. Non podo silenciar que, o traballo —por dicilo así— profesional dos sacerdotes é un ministerio divino e público, que abraza con exixencia toda a actividade ata tal punto que, en xeral, se a un sacerdote lle sobra tempo para outro labor que non sexa propiamente sacerdotal, pode estar seguro de que non cumpre o deber do seu ministerio.
Achábanse xuntos Simón Pedro, chamado Dídimo, e Natanael, que era de Caná de Galilea, e os fillos do Zebedeo, e outros dous dos seus discípulos. Dilles Simón Pedro: vou pescar. Eles responderon: imos nós tamén contigo. Foron, pois, e entraron na barca; e aquela noite non colleron nada. Chegada a mañá, apareceu Xesús na ribeira26.
Pasa a carón dos seus Apóstolos, onda esas almas que se entregaron a El: e eles non se decatan. Cantas veces está Cristo, non preto de nós, senón en nós; e vivimos unha vida tan humana! Cristo está veciño, e non se leva unha mirada de agarimo, unha palabra de amor, unha obra de celo dos seus fillos.
266 Os discípulos —escribe san Xoán— non coñeceron que fose El. E Xesús preguntoulles: rapaces, tedes algo que comer? 27. Esta escena familiar de Cristo, a min, faime gozar. Que diga isto Xesucristo, Deus! El, que xa ten corpo glorioso! Botade arede á dereita e encontraredes. Botaron a rede e xa non podían sacala pola multitudede peixes que había28. Agora entenden. Volve á cabeza daqueles discípulos o que, en tantas ocasións, escoitaron dos beizos do Mestre: pescadores de homes, apóstolos. E comprenden que todo é posible, porque El é quen dirixe a pesca.
Entón, o discípulo aquel que Xesús amaba diríxese a Pedro: é o Señor29. O amor, o amor óllao de lonxe. O amor é o primeiro que capta esas delicadezas. Aquel Apóstolo novo, co firme agarimo que sente cara Xesús, porque quería a Cristo con toda a pureza e toda a tenrura dun corazón que non estivo corrompido nunca, exclamou: é o Señor!
Simón Pedro apenas oíu é o Señor, vestiuse a túnica e botouse ao mar30. Pedro é a fe. E lánzase ao mar, cheo dunha audacia de marabilla. Co amor de Xoán e a fe de Pedro, ata onde chegaremos nós?
As almas son de Deus
267 Os demais discípulos viñeron na barca, tirando da rede repleta de peixes, pois nonestaban lonxe de terra, senón como a uns douscentos cóbados31. Axiña poñen a pesca aos pés do Señor, porque é súa. Para que aprendamos que as almas son de Deus, que ninguén nesta terra pode atribuírse esa propiedade, que o apostolado da Igrexa —o seu anuncio e a súa realidade de salvación— non se basea no prestixio dunhas persoas, senón na graza divina.
Xesucristo interroga a Pedro, tres veces, coma se quixese darlle unha repetida posibilidade de reparar a tripla negación. Pedro xa aprendeu, escarmentado na súa propia miseria: está fondamente convencido de que sobran aqueles temerarios alardes, consciente da súa debilidade. Por iso pono todo nas mans de Cristo. Señor, tisabes que te amo. Señor, ti sábelo todo, ti sabes que te amo32. E que responde Cristo? Apacenta os meus años, apacenta as miñas ovellas33. Non as túas, non as vosas: as miñas! Porque El creou o home, El redimiuno, El mercou cada alma, unha a unha, ao prezo —repítoo— do seu Sangue.
Cando os donatistas, no século V, organizaban os seus ataques contra os católicos, defendían a imposibilidade de que o bispo de Hipona, Agostiño, profesase a verdade, porque fora un grande pecador. E santo Agostiño suxería: «Agostiño é bispo na Igrexa Católica; el leva a súa carga, da que ha dar conta a Deus. Coñecino entre os bos. Se é malo, el sábeo; se é bo, nin sequera nel depositei a miña esperanza. Porque o primeiro que aprendín na Igrexa Católica é a non pór a miña esperanza nun home»34.
Non facemos o noso apostolado. Nese caso, que poderiamos dicir? Facemos —porque Deus o quere, porque así nolo mandou: ide por todo o mundo e predicade oEvanxeo35— o apostolado de Cristo. Os erros son nosos; os froitos do Señor.
Audacia para falar de Deus
E como cumpriremos ese apostolado? Antes que nada, co exemplo, vivindo de acordo coa Vontade do Pai, como Xesucristo nos revelou coa súa vida e as súas ensinanzas. Verdadeira fe é aquela que non permite que as accións contradigan o que se afirma coas palabras. Examinando a nosa conduta persoal, debemos medir a autenticidade da nosa fe. Non somos sinceramente crentes, se non nos esforzamos por realizar coas nosas accións o que confesamos cos nosos beizos.
Agora cadra traer a nosa memoria a consideración dun episodio, que pon de manifesto aquel estupendo vigor apostólico dos primeiros cristiáns. Non pasara un cuarto de século desde que Xesús subira aos ceos, e xa en moitas cidades e aldeas se propagaba a súa sona. A Éfeso, chega un home chamado Apolo, varón elocuente eversado nas escrituras. Estaba instruído no camiño do Señor, predicaba con afervoado espírito e ensinaba exactamente todo o pertencente a Xesús, malia que non coñecíamáis co bautismo de Xoán36.
Na mente dese home xa se insinuara a luz de Cristo: oíra falar del, e anúnciallelo aos outros. Pero aínda lle quedaba un pouco de camiño, para informarse máis, acadar de todo a fe, e amar de veras ao Señor. Escoita a súa conversa un matrimonio, Aquila e Priscila, os dous cristiáns, e non permanecen inactivos e indiferentes. Non se lles ocorre pensar: este xa sabe bastante, ninguén nos chama a darlle leccións. Como eran almas con auténtica preocupación apostólica, achegáronse a Apolo, levárono con eles e instruírono máis a fondo na doutrina do Señor37.
Admirade tamén o comportamento de san Paulo. Prisioneiro por divulgar o ensino de Cristo, non desaproveita ningunha ocasión para difundir o Evanxeo. Ante Festo e Agripa, non dubida en declarar: axudado do auxilio de Deus, perseverei ata o día de hoxe, testificando a verdade a grandes e pequenos, non predicando outra ensinanza que aquela que Moisés e os profetas predixeron que ía suceder: que Cristo tería que padecer, e que sería o primeiro que resucitaríade entre os mortos, e ía mostrar a súaluz a este pobo e aos xentís38.
O apóstolo non cala, non esconde a súa fe, nin a súa propaganda apostólica que motivara o odio dos seus perseguidores: segue anunciando a salvación a todas as xentes. E, cunha audacia marabillosa, encárase con Agripa: cres ti nos profetas? Eu sei que cres neles?39. Cando Agripa comenta: pouco falta para que me persuadas de facerme cristián, contestou Paulo: queira Deus, como desexo, que non só faltase pouco, senón que non faltase nada, para que ti e todos cantos me escoitan chegasen hoxe a ser tales cal son eu, salvo nestas cadeas40.
De onde sacaba san Paulo esta forza? Omnia possum in eo qui me confortat! 41, pódoo todo, porque só Deus me dá esta fe, esta esperanza, esta caridade. Resúltame moi difícil crer na eficacia sobrenatural dun apostolado que non estea apoiado, centrado solidamente, nunha vida de continuo trato co Señor. No medio do traballo, si; en plena casa, ou na metade da rúa, con todos os problemas que xorden acotío, uns máis importantes ca outros. Alí, non fóra de alí, pero co corazón en Deus. E daquela as nosas palabras, as nosas accións —ata as nosas miserias!— desprenderán ese bonus odor Christi42, o bo olor de Cristo, que os demais homes necesariamente advertirán: velaquí un cristián.
Se admitises a tentación de te preguntar, quen me manda a min meterme nisto?, tería que che contestar, mándacho Deus —pídecho— o mesmo Cristo. A colleita é moita pero os xornaleiros son poucos; rogade, pois, ao dono da colleita que envíe xornaleiros a súacolleita43. Non conclúas comodamente: eu para isto non sirvo, para isto xa hai outros; esas tarefas resúltanme estrañas. Non, para isto, non hai outros; se ti puideses dicir iso, todos poderían dicir o mesmo. O rogo de Cristo diríxese a todos e a cada un dos cristiáns. Ninguén está dispensado: nin por razóns de idade, nin de saúde, nin de ocupación. Non existen escusas de ningún xénero. Ou producimos froitos de apostolado, ou a nosa fe será estéril.
Ademais: quen dispuxo que para falar de Cristo, para difundir a súa doutrina, sexa preciso facer cousas raras, estrañas? Vive a túa vida ordinaria; traballa onde estas, procurando cumprir os deberes do teu estado, acabar ben o labor da túa profesión ou do teu oficio, acrecentándote, mellorando cada xornada. Sé leal, comprensivo cos demais e esixente contigo mesmo. Sé mortificado e alegre. Ese será o teu apostolado. E, sen que ti encontres motivos, pola túa pobre miseria, os que che arrodean virán a ti, e nunha conversa, natural, sinxela — na saída do traballo, nunha xuntanza de familia, no autobús, nun paseo, en calquera parte—, charlaredes de inquedanzas que están na alma de todos, aínda que por veces algúns non se queiran decatar: iranas entendendo máis cando comecen a buscar de verdade a Deus.
Pídelle a María, Regina apostolorum, que te decidas a ser partícipe deses desexos de sementeira e de pesca, que latexan no Corazón do seu Fillo. Asegúroche que, se comezas, verás, coma os pescadores de Galilea, repleta a barca. E a Cristo na ribeira, que te espera. Porque a pesca é súa.
Cfr. 1 Tim, II, 4.
Cfr. 1 Pet I, 18-19.
Ioh VI, 5.
Ioh VI, 7.
Ioh VI, 8-9.
San Gregorio Magno, Homiliae in Evangelia, 29, 4 (PL 76, 1215-1216).
Santo Agostiño, Enarrationes in Psalmos, 21, 2, 26 (PL 36, 177).
Santo Agostiño, Enarrationes in Psalmos, 21, 2, 30 (PL 36, 180).
Cfr. Lc XIV, 23.
Ioh XXI, 8.
Ioh XXI, 15-17.
Ioh XXI, 15-17.
Santo Agostiño, Enarrationes in Psalmos, 36, 3, 20 (PL 36, 395).
Mc XVI, 15.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/amigos-de-dios/para-que-todos-se-salven/ (14-12-2025)