1

Fomos elixidos polo amor de Deus, fillas e fillos queridísimos, para vivir este camiño –sempre mozo e novo– da Obra, esta aventura humana e sobrenatural, que é corredención con Cristo, participación estreita e íntima na ansia impaciente de Xesús por estender o lume que viñera a traer á terra1.

El, coa súa cruz e o seu triunfo sobre a morte, rachou o decreto de condenación dos homes e gañounos a todos co prezo inmenso e infinito do seu sangue: empti enim estis pretio magno2, fomos comprados cun gran prezo. A toda a humanidade, sen excepción, abriu a posibilidade dunha nova vida, de renacer no Espírito, de iniciar unha existencia de vencedores que poden exclamar: se Deus está por nós, quen contra nós? Quen non perdoou o seu propio Fillo, senón que o entregou por todos nós, non nos ha de dar con El todas as cousas?... Porque teño a convicción de que nin a morte, nin a vida, nin os anxos, nin os principados, nin o presente, nin o vindeiro, nin as virtudes, nin a altura, nin a profundidade, nin criatura algunha poderá arrebatarnos ao amor de Dios en Cristo Xesús, o noso Señor3. ¡Himno espléndido de seguridade, de plenitude, de endeusamento, que o pobre barro humano xamais puido soñar en entoar!

Notas
1

Cfr. Lc 12,49.

2

1 Co 6,20; cfr. 1 P 1,18-19.

3

Rm 8,31-32; 38-39.

Este punto noutro idioma