11
Entre os discípulos de Cristo, estaba representada toda a sociedade do seu tempo: seguíano o mesmo as xentes do pobo que os homes influentes. Con frecuencia fíxenvos fixar a atención naqueles dous discípulos: Nicodemo, doutor da lei e home principal –membro do sanedrín talvez– e Xosé de Arimatea, rico, da aristocracia laica do supremo tribunal de Xerusalén. Actuaban discreta e caladamente, firmes na vida pública aos imperativos da súa conciencia27, e valentes e audaces, a cara descuberta, na hora difícil28. Sempre pensei –e díxenvolo– que estes dous homes comprenderían moi ben, se vivisen hoxe, a vocación dos supernumerarios do OpusDei.
O mesmo que entre os primeiros seguidores de Cristo, nos nosos Supernumerarios está presente toda a sociedade actual, e estarao a de sempre: intelectuais e homes de negocios; profesionais e artesáns; empresarios e obreiros; xentes da diplomacia, do comercio, do campo, das finanzas e das letras; xornalistas, homes do teatro, do cinema e do circo, deportistas. Mozos e anciáns. Sans e enfermos. Unha organización desorganizada, como a vida mesma, marabillosa; especialización verdadeira e auténtica do apostolado, porque todas as vocacións humanas –limpas, dignas– fanse apostólicas, divinas.
Interésannos xentes que procedan de todas as profesións e oficios, de todas as condicións sociais, das situacións máis diversas, que se dan ou poidan darse, nese entretecido de mutuos servizos que é a sociedade humana: porque todo ese conxunto de interrelacións vivas ha de ser penetrado polo fermento de Cristo.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/11/ (14-12-2025)