14
Sabedes moi ben, fillos meus, que non ten o noso labor apostólico unha finalidade especializada ****: ten todas as especializacións, porque arraiga na diversidade de especializacións da mesma vida; porque enaltece e eleva á orde sobrenatural, e converte en auténtico labor de almas, todos os servizos que uns homes prestan aos outros, na engrenaxe da sociedade humana.
Nos últimos séculos, os relixiosos de vida activa, tratando de achegarse ao mundo –aínda que sempre desde fóra–, tentaron especializar os seus apostolados e infundir o espírito cristián en determinadas tarefas humanas: educación, beneficencia etc. Labor benemérita, aínda que con frecuencia non tiña tanto a finalidade de configurar ou expresar a vocación propia dos relixiosos como a de suplir a falta de iniciativa de los cidadáns católicos. Estes, quizá porque se descoidara a súa formación cristiá, non sentían a responsabilidade de cristianizar as institucións temporais.
Pero os relixiosos, nesa tarefa –non específica da súa vocación, senón de suplencia–, ao buscar a especialización, atopábanse limitados, xa que hai moitos campos humanos que, sendo nobres e limpos, son absolutamente incompatibles co estado propio desas almas, cuxa principal misión común é ofrecer ao mundo –do que se segregaron santamente– o testemuño da súa vida consagrada. Ademais, o laicismo dos últimos tempos –en moitos países, aínda católicos– vai botando aos relixiosos das escolas, das institucións benéficas, ou –polo menos– limitando as súas actividades non estritamente relixiosas.
Co apostolado da Obra, os laicos, sen suplencias de ningún tipo*****, senón tomando posesión –con conciencia plena e responsable– do campo específico que Deus lles sinalou como lugar da súa misión na Igrexa, levan a cabo un apostolado, cuxas posibilidades de especialización son imprevisibles, porque se confunden coas posibilidades do traballo humano e das súas funcións sociais e, sen inmobilismos, ese apostolado está aberto a todos os cambios de estruturas que poidan ocorrer, co curso do tempo, na configuración da sociedade.
Non podo, agora, deixar de considerar que é moi difícil que os relixiosos sentan con vocación profesional secular e corrente –se a tivesen, non serían relixiosos–, e que formalos para un traballo profesional é difícil, caro, superposto e artificial: penso que soamente un número moi pequeno de persoas podería, nesas condicións, chegar ao nivel medio profesional da xente da rúa.
Preocupación e responsabilidade de toda a Igrexa Santa
**** «unha finalidade especializada»: no ámbito do apostolado segrar, discutiuse durante anos se era mellor seguir o modelo centralizado e tradicional da Acción Católica, que se orientaba á colaboración dos segrares nas diversas actividades parroquiais, ou o modelo “especializado”, que apuntaba á inserción do militante católico nos problemas sociais do ambiente. Para o Opus Dei, segundo o seu Fundador, calquera traballo ou actividade honesta é instrumento de apostolado, polo que o Opus Dei «ten todas as especializacións» propias da vida mesma. (N. del E.)
*** «sen suplencias de ningún tipo»: o Autor quere sinalar que o apostolado dos laicos do Opus Dei no mundo é «a súa misión na Igrexa» e que se articula a través da «vocación profesional secular», como dirá no parágrafo seguinte. É dicir, non invade, nin se considera mellor ou superior ao apostolado que levan a cabo abnegadamente os relixiosos no mundo: simplemente é distinto, porque non procede dunha vocación á vida consagrada, senón do Bautismo, por el que Deus chama a todos a ser discípulos misioneiros de Cristo. (N. del E.)
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/14/ (14-12-2025)