18
Por iso, ao actuar na sociedade, fuxide sempre de enfrontar uns homes cos demais, porque un cristián non pode ter mentalidade de clase, de caste; non afundades a uns para levantar a outros, porque nesa actitude escóndese sempre unha concepción materialista: dade a todos a oportunidade de desenvolver a súa personalidade e de elevar a súa vida polo traballo; e non vos conformedes con evitar os odios, porque ha de ser denominador común noso facer unha sementeira de paz e de amor.
Ao acometer o voso traballo, calquera que sexa, facede, fillos meus, un exame para comprobar, na presenza de Deus, se o espírito que inspira esa tarefa é, en realidade, espírito cristián, tendo en conta que o cambio das circunstancias históricas –coas modificacións que introduce na configuración da sociedade– pode facer que o que foi xusto e bo nun momento dado, deixe de selo. De aí, que deba ser incesante en vós esa crítica construtiva, que fai imposible a acción paralizante e desastrosa da inercia.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/18/ (14-12-2025)