20

Con ese sentido de profunda humildade –fortes no nome do noso Deus e non nos recursos dos nosos carros de combate e dos nosos cabalos38–, estade presentes sen medo en todas as actividades e organizacións dos homes, para que Cristo estea presente nelas. Eu apliquei ao noso modo de traballar aquelas palabras da Escritura: ubicumque fuerit corpus, illic congregabuntur et aquilae39, porque Deus o noso Señor pediríanos conta estreita, se, por deixamento ou comodidade, cada un de vós, libremente, non procurase intervir nas obras e nas decisións humanas, das que dependen o presente e o futuro da sociedade. É moi propio da vosa vocación a intervención prudente –e cando digo prudente, non digo tímida–, activa e discreta, á maneira de como actúan os anxos, que teñen unha acción invisible pero eficacísima, nas diversas asociacións e corporacións –públicas ou non– de ámbito local, nacional ou de extensión internacional.

Non podedes estar ausentes –sería unha criminal omisión– das asembleas, congresos, exposicións, reunións de científicos ou de obreiros, cursos de estudo, de toda iniciativa, nunha palabra, científica, cultural, artística, social, económica, deportiva etc. Ás veces promoverédelas vós mesmos; a maior parte das veces serían organizadas por outros e vós acudiredes. Pero, en todo caso, esforzarédesvos por non asistir pasivamente, senón que, sentindo a carga –amable carga– da vosa responsabilidade, procuraredes facervos necesarios –polo voso prestixio, pola vosa iniciativa, polo voso empuxe–, de forma que deades o ton conveniente e infundades o espírito cristián en todas esas organizacións.

Notas
38

Cfr. Sal 20[19],8.

39

Mt 24,28. «Onde está o cadáver, alí se reunirán os voitres». (N. del E.)

Este punto noutro idioma