21

Individualmente, sen formar grupo –é imposible que o formedes pois todos e cada un gozades dunha liberdade ilimitada en todo o temporal–, tomade parte activa e eficaz nas asociacións oficiais ou privadas, porque nunca son indiferentes para o ben temporal e eterno dos homes. Ata unha sociedade de cazadores ou de coleccionistas, por poñer algún exemplo, pódese aproveitar para facer moito ben ou moito mal: todo depende dos homes que as rexen ou as inspiran.

Aínda que, como vos dixen, traballades individualmente –con liberdade e responsabilidade persoais– neses terreos, sabede que facedes un servizo a Deus o noso Señor cando formades ao voso redor a outros irmáns vosos –orientándovos; sen torcer, como é lóxico, as súas propias inclinacións–, que vos poidan substituír ou suceder, para que nunca, por falta dun de vós, quede unha parcela de campo ao descuberto.

Así actuaron os primeiros cristiáns

Este punto noutro idioma