22
Así actuaron os primeiros cristiáns. Non tiñan, por razón da súa vocación sobrenatural, programas sociais nin humanos que cumprir; pero estaban penetrados dun espírito, dunha concepción da vida e do mundo, que non podía deixar de ter consecuencias na sociedade na que se movían.
Cun apostolado persoal semellante ao noso, foron facendo prosélitos e, durante a súa catividade, xa enviaba Pablo ás igrexas os saúdos dos cristiáns que vivían na casa do César40. Non vos conmove aquela carta encantadora que dirixe o Apóstolo a Filemón, que é un testemuño vivo de como o fermento de Cristo –sen pretendelo directamente– dera un novo sentido, polo influxo da caridade, ás estruturas da sociedade señorial?41.
Somos de onte e enchemos xa o orbe e todas as vosas cousas: as cidades, as illas, as aldeas, os municipios, os concellos, os mesmos campamentos, as tribos, as decurias, o palacio, o senado, o foro: só vos deixamos os vosos templos, escribía –pouco despois dun século– Tertuliano42.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/22/ (14-12-2025)