24

Fillos meus, do inimigo o consello *******. Sede avisados e prudentes e non vos durmades: hora est iam nos de somno surgere46, é hora de sacudir a preguiza e a somnolencia. Non esquezades que lugares da terra, que foron noutro tempo testemuñas de igrexas florecentes, son actualmente un baldío, onde non se pronuncia o nome de Cristo. Sería comodidade tratar de xustificar ese fracaso, pensando que está nos plans divinos escribir dereito con liñas torcidas e que, ao final, a causa de Deus triunfa sempre. É verdade que Cristo triunfa sempre, pero, moitas veces, a pesar de nós.

Sen espírito belicoso nin agresivo, in hoc pulcherrimo caritatis bello, cunha comprensión que acolle a todos e colabora con todos os homes de boa vontade –tamén, sen transixir cos erros que profesan, cos que non coñecen ou non aman a Xesucristo–, non esquezades que o Señor dixo: non pensedes que vin a poñer paz na terra; non vin poñer paz, senón espada 47. É moi fácil prestar atención só á mansedume de Xesús e abeirar –porque estorban á comodidade e ao conformismo– as súas palabras, divinas tamén, coas que nos aguilloa para que nos compliquemos a vida.

Defensa da verdade, afogando o mal en abundancia de ben

Notas
*******

*** * «do inimigo o consello»: refrán popular que invita a ser prudentes cos adversarios, especialmente se se presentan semellando que buscan o noso ben: neste caso, san Josemaría invita a desconfiar do marxismo. El tema aparece na fábula do león e a cabra, atribuída a Esopo; aquí provén da versión de Félix María Samaniego (1745-1801), na súa fábula do can e o crocodilo. Curiosamente, no § 35b desta mesma Carta, Escrivá utilízao de novo, pero en sentido oposto: ás veces, a opinión dun inimigo pode revelar unha verdade aproveitable. (N. del E.)

46

Rm 13,11.

47

Mt 10,34.

Este punto noutro idioma