25

Non nos gusta aos homes, polo xeral, dicir e manter a verdade, porque é máis cómodo procurar ser aceptados por todos, non correr o risco de desgustarnos con algún. A nosa actitude ha de ser, fillos meus, de comprensión, de amor. A nosa actuación non se dirixe contra ninguén, non pode ter nunca matices de sectarismo: esforzámonos en afogar o mal en abundancia de ben. O noso traballo non é labor negativo: non é antinada. É afirmación, mocidade, alegría e paz. Pero non á conta da verdade.

Porque cultivamos a libre personalidade de cada un, os fillos de Deus na súa Obra somos xente que sabe pensar por conta propia, que non acolle, sen máis, os tópicos, os lugares comúns que fan furor –son moda– durante un determinado tempo. A nosa formación ensínanos a realizar un labor de criba, que aproveita o que é bo e deixa o demais. Moitas veces haberá que ir –fomos case sempre– contra corrente, abrindo leitos e camiños novos. Non por afán de orixinalidade, senón por lealdade a Xesucristo e á súa doutrina. O fácil é deixarse levar, pero as posturas fáciles son tamén frecuentemente actitudes que demostran falta de responsabilidade.

É certo que habedes de vivir, en todo momento, entre as xentes do voso tempo, de acordo coa súa mentalidade e os seus costumes, pero sempre prontos a dar razón da vosa esperanza 48 en Xesucristo, non vaia ser que, porque non tedes que adaptarvos –xa que vos atopades no medio dos vosos iguais–, non se poida distinguir que sodes discípulos do Señor. Canto sentimentalismo, medo, covardía hai en certos afáns de adaptación!

Notas
48

1 P 3,15.

Este punto noutro idioma