26
Fillos da miña alma, non vexades detrás das miñas palabras máis que un amor moi grande a todos os homes, un corazón aberto a todas as súas inquietudes e problemas, unha comprensión inmensa, que non sabe de discriminacións nin de exclusivismos. E entendede que é, non o temor –porque non temos medo a nada nin a ninguén, nin a Deus que é o noso Pai–, senón o sentimento de responsabilidade de que un día habemos de dar conta ao Señor da nosa misión corredentora, o que nos urxe –caritas enim Christi urget nos49– a non desmaiar, a atoparnos sempre insatisfeitos das etapas adquiridas, a non durmirnos sobre os loureiros! Sen frouxidade, fervorosos de espírito 50, aproveitade o tempo51, porque a vida é breve: mentres hai tempo, fagamos ben a todos, especialmente aos irmáns na fe 52. Enchede de amor este pobre mundo noso, porque é noso: é obra de Deus e déunolo por herdade: dabo tibi gentes hereditatem tuam et possessionem tuam terminos terrae53. Tede en conta que o posible faio calquera, e Deus O noso Señor pídenos –e dános a súa graza para conseguilo– que fagamos cousas que vos parecerán imposibles.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/26/ (14-12-2025)