27
Non vos quededes en idealismos: sede realistas. Vedes cousas tan grandes, tanto campo para traballar, tanto labor e tantas posibilidades, que, logo de contemplalas, pode ser que xa vos quededes satisfeitos e esquezades as cousas concretas –hodie, nunc–, que han de facer posible que todo iso chegue a ser realidade algún día.
En medio desta fermosísima loita, permanecede serenos. Son perniciosas as inquedanzas enredadoras. Corripite inquietos54, amoestaba Paulo á comunidade cristiá de Tesalónica. Porque temos oído –dicíalles– que algúns viven entre vós na ociosidade, sen facer nada, ocupados en entremeterse en todo55. E dáballes o remedio único, que non é outro que o cumprimento do deber: cando facemos aquilo que temos que facer e estamos no que facemos, callamos en realidade os grandes proxectos de Deus. A eses tales –continuaba o Apóstolo– ordenámoslles e rogamos por amor do Señor Xesucristo que, traballando con serenidade, coman o seu pan56.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/27/ (14-12-2025)