32
Por iso, entenderedes que á Obra –como á Igrexa, da que é un órgano vivo– interésalle a sociedade humana, porque hai nela dereitos inalienables de Cristo, que é preciso protexer. Ata o punto de que se pode dicir que todo o apostolado do Opus Dei redúcese a dar doutrina, para que todos os seus membros e as xentes que se achegan á súa formación exerciten individualmente –como cidadáns– unha acción apostólica de carácter profesional, santificando a profesión, santificándose na profesión e santificando aos demais coa profesión.
En repetidas ocasións díxenvos que a Obra de ordinario non actúa exteriormente: coma se non existise. Son os seus membros quen, respectuosos coas leis civís de cada país, dentro desas leis traballan. A actividade do Opus Dei diríxese principalmente a dar aos seus socios unha intensa formación espiritual, doutrinal e apostólica.
É o labor da Obra como unha gran catequese, como unha inmensa dirección espiritual que ilustra, aconsella, move, incentiva e alenta a conciencia de moitas almas para que non se aburguesen, manteñan viva a súa dignidade cristiá, exerciten os dereitos e cumpran os deberes de cidadáns católicos responsables.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/32/ (14-12-2025)