33
Formación dos supernumerarios
Fillas e fillos meus supernumerarios, a formación que vos dá o Opus Dei é flexible: adáptase, como a luva á man, á vosa situación persoal e social. Debedes ser moi claros, na dirección espiritual, para expoñer as circunstancias concretas do traballo, da familia, das obrigas sociais, porque, sendo en nós único o espírito e únicos os medios ascéticos, pódense e débense facer realidade en cada caso sen rixideces.
Falade sinceramente cos vosos directores, para que nunca se turbe a liberdade e a paz do voso espírito ante dificultades que atopedes –moitas veces imaxinarias–, que teñen sempre solución. Tede en conta que a formación espiritual, que recibimos, é oposta á complicación, ao escrúpulo, á cohibición interior: o espírito da Obra dános liberdade de espírito, simplifica a nosa vida, evita que sexamos retortos, enmarañados; fai que nos esquezamos de nós mesmos, e que nos preocupemos xenerosamente dos demais.
Para recibir a formación, só excepcionalmente debedes ir polas casas, nas que fan vida de familia os socios numerarios: é máis discreto que vexades aos directores e celadores nos vosos lugares de traballo, nas vosas casas, na rúa, que é o lugar onde o Señor nos chamou. E, para recibir a formación colectiva, non resulta indiscreto ir á sede dalgunha das nosas obras corporativas, que teñen as portas e as xanelas de pao a pao, porque están abertas a todas as almas.
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/33/ (14-12-2025)