4

Optimismo fundado en Cristo

O noso optimismo non é un optimismo necio e presuntuoso: é realismo. Por iso non podemos ignorar a presenza do mal no mundo, nin deixar de sentir a responsabilidade perentoria de ser convocados por Cristo, para batallar con El a súa fermosa batalla de amor e de paz.

Hai bastantes anos xa, nun retiro espiritual que daba aos vosos irmáns, facíaos observar a situación do mundo, que non cambiou moito desde entón. Movíaos a contemplar –acudindo a un modo gráfico– esa mancha vermella que se estende rápida pola terra, que o arrasa todo, que quere destruír ata o máis pequeno sentido sobrenatural. E o avance doutra onda moi grande de sensualidade –perdoádeme–, de imbecilidade, porque os homes tenden a vivir como bestas.

E continuaba facéndoos notar que aínda se distingue outra cor, que avanza e avanza, especialmente nos países latinos; de maneira máis hipócrita noutras nacións: o ambiente anticlerical –de anticlericalismo malo–, que tenta relegar a Deus e á Igrexa ao fondo da conciencia ou, dito doutra forma máis clara, quere relegar a Deus e á Igrexa á vida privada, sen que o feito de ter a fe se maniféste na vida pública. Non esaxero: eses tres perigos son constantes, evidentes, agresivos.

Este punto noutro idioma