40

Subliñeivos algunhas veces o feito lamentable da progresiva invasión do Estado na esfera privada, coa consecuente escravitude que isto supón para os cidadáns, que se ven privados de lexítimas liberdades. E púxenvos de relevo que o Estado é frío e sen entrañas, co que o seu totalitarismo vén converterse en algo peor que a máis dura situación feudal.

Deixando ao carón outras razóns, se isto ocorre así, é debido, en gran parte, á inhibición dos cidadáns, á súa pasividade para defender os dereitos sacros da persoa humana. Esta inactividade, que ten a súa orixe na preguiza mental e na vontade inerte, dáse tamén nos cidadáns católicos, que non acaban de ser conscientes de que hai outros pecados –e máis graves– que os que se cometen contra o sexto precepto do Decálogo.

Este punto noutro idioma