42
Traballando desta forma, unidos aos vosos concidadáns e removéndoos, facendo ambiente para que as cousas non veñan impostas sen expresar o lexítimo sentir da sociedade, poderedes orientar cristiamente a lexislación das vosas comunidades nacionais, sobre todo naqueles puntos que son clave na vida dos pobos: as leis sobre o matrimonio, sobre o ensino, sobre a moralidade pública, sobre a propiedade etc.
Como vai ser cristiá unha lexislación, na que o respecto á familia se basea no divorcio? Que lóxica se pode atopar nalgunhas sociedades que se alaudan da súa diversidade relixiosa e non admiten esa diversidade nas escolas públicas, onde cada alumno tería dereito a recibir a educación relixiosa conforme á súa fe?
Non vos dades conta de que a propiedade privada –coas limitacións que esixa o ben común– é un instrumento de liberdade para o home, un ben que se ha de colocar entre os fundamentais para o desenvolvemento da persoa humana e da familia? Os países onde non se respecten eses dereitos non son países católicos nin humanos. Vedes o panorama, que se vos presenta? Nestes e noutros puntos capitais, teredes que loitar, e ben!
Documento impreso desde https://escriva.org/gl/carta-29/42/ (14-12-2025)