44

Non esquezades que a esencia do noso apostolado é dar doutrina***********, porque, como vos dixen unha e mil veces, a ignorancia é o maior inimigo da fe. Escribía San Paulo aos romanos: como invocarán a Aquel en quen non creron? E como crerán, sen oír falar del? E como oirán se ninguén lles predica?65. Porque sentides esta responsabilidade de predicar, dades unha gran importancia ao labor docente –privado ou público; persoal ou colectivo; de grao primario, medio ou superior–, aínda que o ensino é unha pequena parte do noso traballo profesional.

Pola mesma razón, procurades animar os medios a través dos cales se forma a opinión pública: a prensa, a radio, a televisión, o cinema etc. Os que desempeñades o voso labor profesional neses medios, dades doutrina, non xa a un grupo pequeno de persoas –como facedes cando dirixides un círculo ou pronunciades unha conferencia– senón que, como o Señor, predicades á multitude, ao aire libre.

Hai unha ignorancia relixiosa brutal. E moita culpa témola nós, os cristiáns, que non damos doutrina por todos eses medios, cada día tecnicamente máis perfectos e máis influentes e que, con tanta frecuencia, controlan os inimigos de Deus.

Proclamar a verdade sen descanso

Notas
***********

*** «dar doutrina»: a miúdo san Josemaría utiliza esta expresión como sinónimo de expoñer a verdade cristiá, o depósito da fe, nos máis variados contextos e formas, ou, noutras palabras, difundir a mensaxe evanxélica por medio da propia actividade persoal e profesional. (N. del E.)

65

Rm 10,14.

Este punto noutro idioma