46

Non deixedes de organizar pequenos faladoiros periódicos cos vosos amigos e colegas –son especialmente interesantes os faladoiros con profesionais dos medios de opinión pública–, e suscitar nelas temas de actualidade, dando criterio con don de linguas. Sacade conversacións oportunas en oficinas ou en lugares públicos.

Non perdades ocasión –fomentádeas– para dicir a verdade e sementar a boa semente. Conversade discretamente cos de fóra, aproveitando as ocasións: sexa a vosa conversación agradable, salpicada de sal, de maneira que saibades como vos conveña responder a cada un69.

Penso con ilusión naqueles fillos meus, que atenden postos e quioscos de diarios e revistas, nos que traballan en editoriais ou en redaccións de xornais e nas empresas das artes gráficas; e naqueloutros que, polo seu traballo –aínda que sexa modesto, en aparencia–, teñen ocasión cada día de tratar moita xente.

Notas
69

Col 4,5-6.

Este punto noutro idioma